Galiza-Panamá

'Unha nación, unha selección': centos de persoas maniféstanse pola oficialidade da Irmandiña

Ás 18.30 horas partiu da praza de América a multitudinaria manifestación convocada por Vía Galega para exixir a oficialidade de todos os combinados deportivos da Galiza.
A manifestación pola oficialidade partiu de Praza América rumbo a Balaídos. (Foto: Héctor Pena)
photo_camera A manifestación pola oficialidade partiu de Praza América rumbo a Balaídos. (Foto: Héctor Pena)

A gran festa do fútbol galego comezou ben cedo esta sexta feira co partido da 'outra Irmandiña', que enfrontou deportistas, políticos e xornalistas no campo vigués de Coia. E ás 18.30 horas partiu da praza de América a multitudinaria manifestación convocada por Vía Galega para exixir a oficialidade de todos os combinados deportivos da Galiza baixo o lema 'Unha nación, unha selección'.

Entre berros de "Galiza é a nosa vida", "independencia" ou "español o que non bote", e ante unha considerábel presenza policial, arredor de 2.000 seareiros e seareiras reclamaron, máis unha vez, que Galiza poida competir en campionatos oficiais coa súa propia selección.

Comentarios