Fútbol

De Terceira a Primeira: 30 anos da xesta do Compos de Fernando Castro

A SD Compostela xogou na elite de 1994 a 1998.
O Compos derrotou o Rayo en Vallecas para lograr o ascenso. (Foto: SD Compostela)
photo_camera O Compos derrotou o Rayo en Vallecas para lograr o ascenso. (Foto: SD Compostela)

Tal día como este sábado, 1 de xuño, pero de 1994 a SD Compostela entraba nos libros de historia grazas a un Fernando Castro Santos que levou o equipo da capital galega, en só cinco anos, a pasar da cuarta categoría do fútbol estatal á elite.

Aquel día os branquiazuis visitaban Vallecas para desempatar a final do play-off de ascenso ante o Rayo, nun partido no que o nixeriano Ohen puxo o traxe de heroe para facer os dous primeiros goles. Visnjic acurtou distancias no minuto 56, mais José selou o ascenso a dous minutos do asubío final.

Castro liderou o Compos na súa estrea en Primeira, mais ao ano seguinte fichou polo Celta e relevouno Fernando Vázquez, quen se proclamou subcampión de inverno. O estadio de San Lázaro —hoxe Vero Boquete— viviu grandes noites de fútbol durante catro campañas, até a 1997-98, e pasou á historia da Liga polo lendario gol de Ronaldo Nazario.

Comentarios