A OCU presentou unha querela na Audiencia Nacional contra o ex presidente do Banco Popular, Ángel Ron, o ex conselleiro delegado Pedro Larena, o ex vicepresidente Roberto Higuera, a auditora PwC, por falsidade contábel e estafa ao inversor.
Desde a organización de consumidores considera que é evidente que as contas da entidade bancaria non eran as correctas cando se decidiu facer unha ampliación de capital no veñan de 2016 e que a información sobre a ampliación, aprobada pola Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV), non reflectía a realidade.
A OCU sinala que representa a mási de 9.500 pequenos accionistas (o Popular contaba con 305.000 accionistas), que acudiron a esta organización após coñecer que o que investiron ficou en 0 euros após a compra do Popular-Pastor polo Santander por un euro.