#FeministasEmResistência: A mobilización pola soberanía terá 'bloco lila'

Ataviadas con algunha prenda de vestir violeta, Mulheres nacionalistas galegas e Conas ceives chaman á acción feminista conxunta contra a débeda privada transformada en pública, contra os desafiuzamentos que afectan en maior medida as mulleres ou contra a dispersión d@s pres@s galeg@s.


Convencidas de que "a loita" pola soberanía "é feminista", as organizacións Mulheres nacionalistas galegas (MNG) e Conas ceives canda outros colectivos feministas do País fixeron un chamamento conxunto á mobilización do domingo 3 de marzo en Compostela na liña de ocupar "un importante espazo" no embate "contra o capital e contra o patricarcado".

Así as cousas, constituirán un bloco propio, #FeministasEmResistência, en que "exixir xuntas dereitos que nos son propios". Ataviadas con algunha prenda de vestir violeta, a cor que simboliza o feminismo, MNG e Conas ceives reporánse contra a débeda privada transformada en pública, contra os desafiuzamentos que afectan en maior medida as mulleres, contra os "ataques" da policía á cidadanía, contra a corrupción, contra a criminalización dos movementos sociais e contra a dispersión d@s pres@s galeg@s.


NOTA: premendo nesta ligazón poderás ler o manifesto completo de Conas ceives 

Comentarios