Ciudadanos pon 6 condicións para votar si á investidura de Rajoy

“Estamos abertos a todo”, afirma Albert Rivera, que empraza o presidente en funcións a que fixe “hora e data” da sesión de investidura

Albert Rivera, C's

Ciudadanos pasou do non a Mariano Rajoy á abstención e agora, nun paso máis, pon sobre a mesa seis condicións ao PP para se sentar a negociar o si á investidura como presidente do líder popular. Propostas que Albert Rivera debulllou nunha comparecencia de impresa no Congreso e na que instou tanto a Rajoy como Ana Pastor, presidenta da Cámara baixa, a fixar “hora e data” para a sesión de investidura.

Entre as 6 medidas que exixe Ciudadanos está a creación dunha comisión de investigación parlamentar sobre o 'Caso Bárcenas' e o presunto financiamento ilegal do PP, a fin dos indultos para políticos condenados por corrupción e a desaparición das candidaturas e cargos públicos de persoas imputadas por corupción.

Rivera tamén quer que se modifique a lei electoral e que se limite a dous, como máximo, os dun presidente do goberno. “Levamos 274 días desde que se convocaron eleccións en decembro. Nesta nova lexislatura, España si ou si debe ter goberno, diálogo e cambio”, afirmou o líder de Cidadanos. Criticou que PP e PSOE desmontaran o “Plan A”, que pasaba por un goberno de “ampla maioría”. O “Plan B, o do goberno en minorñia, é agora a única solución se non queremos levar España á crise institucional”.

Comentarios