Foro Galego incide na necesidade de fortalecer En Marea

Piden superar a “lóxica de coligazón” para caminar cara a un modelo de adscrición individual. O III Encontro contou coa presenza de Luís Villares.

foro galego imaxe de @luiseyre
photo_camera Imaxe de @luiseyre

O Foro Galego quere contribuír á consolidación de En Marea, unha En Marea que sitúa na lóxica dun “partido movemento” e que se alicerce na democracia, o pluralismo e a adscrición individual, superando a “lóxica de coligazón”. O FG celebrou en Compostela, na Facultade de Ciencias Políticas, o seu III Encontro, xuntanza que se desenvolveu baixo o lema ‘Moitas ondas, unha marea do local ao nacional”.

Na presentación do encontro, Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, e Paula Verao, deputada no Parlamento galego, salientaban a importancia de construír un “proxecto de unidade popular”, incidindo  na necesidade de transformar a pulsión actualmente existente no seo das maiorías sociais galegas nun maior apoio ao proxecto de En Marea como alternativa política ao actual goberno do PP na Xunta.

En declaracións a Europa Press, Manuel Antelo defendeu LuisVillares como portavoz de En Marea e aa actual coordenadora do partido instrumental, da que dixo que estaba “lexitimada democraticamente”. Un apoio de Foro Galego nun momento de desacordo interno a este respecto. Alcaldes como o da Coruña ou organizacións como Esquerda Unida e unha parte de Anova e Podemos entenden que a actual executiva non recolle a ‘pluralidade’ da formación. No Plenario do FG houbo intervencións chamando a se centrar en dar resposta ás demandas e preocupacións da sociedade e deixar o "ensimismamento" interno, así como peticións de "desterrar" os discursos de "bos e malos" dentro de En Marea.

O documento aprobado por Foro Galego establece o seu apoio á "consolidación de En Marea como organización política galega propia" e chama a que no plenario do próximo mes de xullo establézase "unha proposta clara e ambiciosa no plano nacional que vaia máis aló das alusións rituais á plurinacionalidad".

Villares interveu no acto de clausura do encontro do Foro. O portavoz afirmou que “a cidadanía quere outra forma de participación” e puxo EM como exemplo desa outra forma, pois “non somos un partido, somos un movemento”. Agradeceu o convite do Foro Galego e púxoos como exemplo de que en En Marea “non pedimos pasaporte nin denominación de orixe, pedimos vontade de traballar e cambiar as cousas”. 

Comentarios