Iglesias acusa PSOE e Cs de inmobilismo e anuncia unha consulta ás bases de Podemos

Amaga con demitir se o resultado é contrario á posición da dirección. O partido someterá os inscritos a 2 preguntas entre o 14 e 16 de abril. Os resultados coñeceranse o 18. Iglesias afirma que saíron “moi decepionados” da xuntanza a tres desta quinta feira.

Domenech, á esquerda de Iglesias
photo_camera Imaxe da comparecencia

Podemos consultará as súas bases entre o 14 e 16 de abril para que sexan estas as que decidan en base a 2 preguntas que lles vai someter o partido: “Queres un goberno baseado no pacto Rivera-Sánchez?” é a primeira das cuestións. A segunda, “Estás de acordo coa proposta de cambio que defende Podemos, En Comú e En Marea?”. "Somos a única forza que somete a referendo unha decisión tan importante", manifestou Pablo Iglesias.

Os resultados coñeceranse 2 días despois, o 18, e Iglesias afirmou que de o querer así as bases, Podemos absteríase na votación de investidura. O secretario xeral tamén amagou con demitir se o resultado da consulta interna era contraria á dirección do partido. Así, dixo que á primeira pregunta ía votar non e a segunda, si. “Non sería honesto que non dixese o que penso”, apuntou.

Iglesias dixo que á primeira pregunta ía votar non e a segunda, si. “Non sería honesto que non dixese o que penso”, apuntou.

A consulta ás bases chega após a “moi decepcionante”, en palabras de Iglesias, reunión a tres desta quinta feira entre PSOE, Ciudadanos e Podemos. Na xuntanza o PSOE tería deixado claro que “do “único marco que non se vai mover” é do pacto con Cs, segundo o secretario xeral de Podemos.

Iglesias realizou este anuncio 12 horas despois da referida reunión. Considera que PSOE e CS mantéñense no inmobilismo. “Onte preguntáronnos se estabamos dispostos a apoiar un goberno de Rivera presidido por Sánchez”.

Comentarios