OFENSIVA ULTRACAPITALISTA

Jorquera acusa ao PP de "incumprir o seu programa a cada consello de ministros"

O deputado do BNG en Madrid exixe que "non todos paguen por igual a crise".
Deputados do BNG en Madrid
photo_camera Deputados do BNG en Madrid

O candidato do BNG á Xunta de Galiza e deputado no congreso español, Francisco Jorquera, cualificou hoxe de “mentireiro” o goberno, xa que “cada venres que hai consello de ministros incumpre algo que dixo antes de estar no poder”. Tamén cualificou de “absolutamente inxusta a suba do IVE en 2013 anunciada xa que é una medida contraproducente para saírmos da crise”.

“É una decisión –engadiu Jorquera- que penaliza o consumo, e se este se castiga, dificilmente se vai reactivar a demanda, tan necesaria para recuperarmos a economía”. Nun acto en Santiago, lúdico mais tamén reivindicativo da Finca do Espiño, o deputado nacionalista criticou que os impostos indirectos non distingan “en función da renda das persoas”. “Todos pagamos por igual, por iso a suba do IVE tamén significa, no fondo, un novo recorte, nun momento no que todos os datos indican de forma clara que este tipo de políticas só serven para agudizar e prolongar a crise e agravar o desemprego”.

“O déficit cero conduce a emprego cero”, como se puido constatar onte mesmo, dixo Jorquera, coa publicación dos dados da EPA na man, con 265 millón de desempregados en Galiza. Neste sentido, salientou que o paro segue medrando significativamente por riba da media estatal. “Nun país que sofre a sangría da emigración, que ten unha das taxas de actividade máis baixas de Europa, a realidade é que xa hai máis persoas que non traballan que empregadas”.

Comentarios