O contexto, marcado pola "defensa fronte ao independentismo catalán"

Leiceaga non pide a reforma do Estatuto porque a "conxuntura" para o debate é desfavorábel

A reforma do Estatuto galegos sería até necesaria, mais o PSdeG non a vai propor porque non se darían as condicións políticos que a puidesen facer "prosperar", argumentou Leiceaga.

Leiceaga. Debate de investidura Feijóo. 10 de novembro de 2016

Galiza precisa do desenvolvimento do actual estatuto coa transferencia de novas competencias e até dunha nova carta política, máis o PSdeG non a vai demandar, explicitou Leiceaga na súa intervención no Parlamento durante esta quinta feira. E non o fará "non porque o considere innecesario, é que estamos nunha conxuntura demasiado dominada pola defensa fronte aos avances do independentismo catalán como para que poida prosperar a reforma que precisamos", dixo.

En todo caso, o PSdeG si ten unha proposta de reforma, acrecentou, que se inseriría no proxecto do PSOE dun "modelo federal".

Na súa globalidade, Leiceaga, fiel ao seu estilo e á súa formación profisional, fixo un discurso netamente centrado na axenda económica.

Nese sentido, o portavoz da formación socialdemócrata descualificou o balanzo das dúas lexislaturas anteriores de Feijóo. "Após 8 anos, a demografía é regresiva, a economía débil, a paisaxe social está devastada e a administración autonómica debilitada", diagnosticou.

Comentarios