ANTóN LOSADA

"A nova política non é máis que unha marca comercial"

Profesor da USC e analista político, Antón Losada (Xove, 1966) debulla para Sermos a actualidade política e, máis alá da conxuntura, debrúzase tamén sobre a nova estrutura de partidos políticos no Estado. Losada opina asemade sobre o nacionalismo galego e as opcións do BNG o 26X. Eis aquí un avanzo da conversa.

Antón Losada, 3 de maio de 2016
photo_camera Antón Losada.

-Dado que es politólogo, e saíndo un pouco da análise conxuntural, non me resisto a perguntarche se realmente existe a Nova Política?

-Ha, ha. Non. É unha marca comercial. E como cando nós eramos novos [entrevistador e entrevistado roldamos os 50 anos] e se dicía: os novos románticos, o tecno pop, o new age, e despois ías alí a escoitar e dicías: “pero se isto xa estaba nos discos dos Beatles, non?”.

miniatura_losadaEu o que si creo é que vamos a un novo espazo político. Por dicelo doutra maneira, a política española sae dunha situación que era por si mesma anormal, como é que máis do 80% do voto estivera concentrado en dous partidos. Iso non é normal na historia da política española.

(…)

-Daslle crédito aos inquéritos que van aparecendo sobre o que nos pode deparar o 26X?

-Ningún. Adentrámonos en algo realmente descoñecido. É a primeira vez que pasa isto. Sabemos como se ten comportado a abstención nas eleccións anteriores, pero claro as anteriores non eran como esta. Como se vai comportar o eleitor? A quen vai beneficiar?

A íntegra da entrevista, a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos194, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios