O número 3 de Podemos admite que durante máis dun ano tivo un auxiliar sen contrato e sen seguridade social

Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos, desfrutou durante un ano dos servizos dun auxiliar co que non asinou nengún contrato e que traballaba sen estar cuberto pola Seguridade Social -por espazo dunha hora diaria- na súa casa.

Pablo Echenique, nun acto de Podemos
photo_camera Pablo Echenique, nun acto de Podemos

Desde 2013 a lei obriga o empregador a facer fronte á cotización social das persoas que traballan no lar familiar. Echenique non o fixo. "El pagaba os autónomos e chegou un momento en que deixou de o facer. Díxome que tiña problemas para chegar a fin de mes, que a cota era inasumíbel. Ten catro fillos e deille un tempo para regularizar a situación. E como non o fixo, rachei a relación", dixo Echenique a El Heraldo de Aragón, meio que deu a noticia. A explicación do número 3 de Podemos non se ten de pé porque, segundo a lei, sería el quen tería que asumir as cotas da Seguridade Social e non o traballador.

Echenique responsabiliza desta situación a un sistema "que empurra moita xente humilde a participar na economía sumerxida", embora admite que, ao ser consciente de que o auxiliar non estaba coberto pola Seguridade Social, sabía "que non estaba facendo as cousas ben".

Comentarios