PNV, Partit Demòcrata Català e ERC, indiferentes ante a escolla entre Ana Pastor e Patxi López

Ana Pastor alcanzou a presidencia do Congreso grazas ao acordo PP-Cs que lle reportou 169 votos. Patxi López tivo 155. Os soberanistas vascos e cataláns -ao votaren en branco ou nulo- mostraron a sua inderenza á hora de escoller entre a candidata conservadora e o socialdemócrata por ambos se oporen aos procesos autodeterministas.

homs
photo_camera Domènech e Homs

De ter respaldado a opción de Patxi Lopez PNV, Partit Demòcrata Català e ERC, o PSOE tería alcanzado a presidencia do Congreso e o ex lehendakari tería repetido como titular da Cámara baixa.

Algunhas fontes especulan con que o PP estea a negociar con PNV e PDC a súa abstención na investidura de Rajoy. Eses 13 escanos, de non se pronunciaren cun Non, poderian facilitar ao político galego reter a chave da Moncloa, sempre que Cs se movese da abstención anunciada para o si. A estas alturas, porén, parece unha perspectiva moito improbábel que quer PNV -con eleccións vascas ás portas- e PDC vaian entrar no xogo do PP.

@s 5 parlamentares de En Marea votaron en todo momento o mesmo que os de Unidos Podemos

Podemos mantivo en primeira instancia a sua aposta en Xavier Domènech, mais ao non dispor este do apoio dos soberanistas vascos e cataláns, o grupo parlamentar de Pablo Iglesias optou por respaldar Patxi López na segunda votación.

Os 5 parlamentares de En Marea votaron en todo momento o mesmo que os de Unidos Podemos.

Comentarios