Rajoy someterase á sesión de investidura o 30 de agosto

Será antes das eleccións galegas e vascas. De fracasar e non ser elixido candidato alternativo, as eleccións serían o 25 de decembro.

Mariano Rajoy_PP
photo_camera [Imaxe PP]

A presidenta do Congreso, Ana Pastor, anunciou esta quinta feira a data da sesión de investidura á que acudirá Mariano Rajoy para procurar os apoios que o elixan presidente. Será o 30 de agosto, unha data que se adianta ás eleccións galegas e vascas fixadas para o 25 de setembro e que disipa as dúbidas sobre unha hipotética terceira convocatoria se finalmente nen Rajoy nen outro candidato alternativo consegue os apoios necesarios. De ser así, os comicios repetiríanse o 25 de decembro.

A primeira votación na sesión de investidura recorrerá o día 31 e, de non conseguir maioría absoluto, repetiríase 48 horas despois (2 de setembro). Esta quinta feira o presidente en funcións e líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou que acepta as condicións de Ciudadanos para contar cos votos da formación laranxa na investidura. As cifras, aínda así non dan para ser eleito mais aumentan a presión sobre o PSOE que, no entanto, anunciou que votará en contra. 

Comentarios