Vlogue de Xosé Mexuto

Sobre as primarias da Marea: ou Beiras ou un merlo branco

Nova achega do director de Sermos á rede galega de vlogues: o debate aberto no seo da Marea sobre quen debe encabezar a súa candidatura e de que modo se debe realizar a escolla.

A política é unha cuestión de optar e non se pode ficar permanentemente na indefinición. Chegou o momento de tomar un camiño ou outro para a Marea, argumenta no seu vlogue Xosé Mexuto.

E se as escollas son basicamente Beiras ou unha personalidade independente de prestixio social estas deberían explicitarse. De haberen diferenzas, o lóxico en democracia é confrontalas nunhas primarias abertas, defende o director de Sermos.

Comentarios