CAMILO NOGUEIRA

"A sociedade está máis preparada que os partidos para o nacionalismo gobernar Galiza"

Sermos entrevista, no seu número 191, Camilo Nogueira, veterano político nacionalista e flamante Premio Trasalba. O debate en curso no nacionalismo -que facer para conquistar a hexemonía social-, a forma de concorrencia ás eleccións galegas e a visión desde Galiza da Unión Europea son algúns dos temas da conversa. Eis un avanzo.

Camilo Nogueira, nunha entrevista de 2016. (Foto: Nós Dairio)
photo_camera Camilo Nogueira, nun momento da conversa

Cara onde tería de ir o nacionalismo nesta altura?

No derbi en Balaídos, todo o mundo cantou o himno galego. A sociedade está máis preparada que os partidos para o nacionalismo gobernar. Non partillo que haxa menos conciencia nacional nen expresións como “o noso eleitorado”. O noso eleitorado é toda a sociedade galega. 

A simples enunciación dun obxectivo non garante que se consiga, non? Que habería que facer no concreto para conseguir a hexemonía?

Buscar o apoio da sociedade, mais que manter o noso eleitorado. Sabes o que significa? Ter a conciencia de que debemos ser o Partido Nacional da Galiza, como o SNP en Escocia.

miniatura12-13Pódese ser o Partido Nacional Galego desde a esquerda? Que pasa coa xente que non é de esquerda?

Pois hai que incorporalos ao proxecto, mais non hai problema ningún. Ti podes formular un proxecto desde a esquerda e atraer votos da direita. En todo caso, hai que ter en conta unha cousa: a construción nacional hai que facela desde a base, pero hai que facela desde o goberno. Catalunya progresou como progresou porque están gobernando. A revolución deste tempo é recoñecer as conquistas históricas da sociedade e melloralas, mellorar o feminismo, a sanidade e o ensino públicos. E iso faise desde o goberno.

Tes a entrevista íntegra, a dupla páxina, no Sermos191, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios