O funcionariado cobrará 2% de aumento en xullo

O Ministerio de Facenda e Función Pública publicou o aumento salarial do Boletín Oficial do Estado (BOE). Benefíciase o persoal local e o autonómico
Sede central da Xunta en San Caetano, Compostela (Arxina).
photo_camera Sede central da Xunta en San Caetano, Compostela (Arxina).

O Ministerio de Facenda e Función Pública publicou esta sexta feira unha resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE) na que dita as instrucións para executar a subida salarial de 2% acordada para este ano na nómina das empregadas e empregados do sector público estatal, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro.

O incremento deberá facerse efectivo na nómina de xullo e, se non é viábel por motivos técnicos, na primeira nómina posíbel, abonándose como atrasos os importes correspondentes desde o mes de xaneiro de 2024.

Aínda que as instrucións desta resolución se dirixen aos empregados públicos do sector público estatal, a suba de 2% recibirana tamén o persoal das comunidades autónomas e corporacións locais, en total máis de tres millóns de persoas en todo o Estado.

Ao incremento salarial sumaráselle 0,5% adicional en función da evolución da inflación que se aprobará en xaneiro de 2025, pero referido ao exercicio 2024. 

De acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o IPCA de 2022 foi de 5,5%, mentres que o de 2023 terminou en 3,3%, o que resulta un total de 8,8%, que supera o límite estabelecido para aplicar esa suba adicional de 0,5%.

Comentarios