As persoas maiores de 65 anos xa poden ir ao cine por dous euros a partir da terza feira
A terza feira comeza en todo o Estado español a segunda edición da iniciativa Cine Sénior, que permite ás persoas maiores de 65 anos asistir ao cinema pagando unha entrada de dous euros. O programa, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros, está orientado a que un día a semana, de forma preferente as terzas feiras, este grupo poida adquirir unha entrada reducida en 420 cinemas. A diferenza da primeira edición, as entradas poderanse mercar por vía dixital, amais de nos propios estabelecementos.
Na primeira edición, na que tamén participaron 420 cinemas, só 28 locais gastaron de forma íntegra a axuda, polo que o titular español de Cultura, Ernest Urtasun, detallou que redistribuíron os recursos nesta ocasión para que as salas con máis afluencia incrementen a súa dotación, anunciando un fondo de reserva de case dous millóns de euros “para que non se esgote o crédito”.
O seu predecesor, Miquel Iceta, explicara que este grupo foi elixido posto que entre 2021 e 2022 só 6% das persoas maiores de 65 anos asistiu ao cinema, cando antes da pandemia de Covid-19 era “parte esencial” do público. En cambio, até 49% da poboación entre 20 e 24 anos fora como mínimo nunha ocasión ás salas de cinema.
A Xunta indemnizará un apicultor por danos de oso após negarlle a axuda
O Celta terá que indemnizar ao Levante por Giráldez
As e os labregos polacos levantan o último bloqueo instaurado na fronteira con Ucraína tras case tres meses
Despois de que desde o 9 de febreiro distintos bloqueos por parte de agricultoras e agricultores polacos obstaculizaran a entrada de produtos ucraínos entre demandas para que a Unión Europea (UE) vetase o ingreso das mercadorías alimentarias de Kíiv, Ucraína confirmou a segunda feira que o último cruce fronteirizo bloqueado foi liberado logo das negociacións con Polonia. Así e todo, as restricións manteranse a algúns camións que transporten gran.
ByteDance ratifica que non venderá TikTok aínda que os Estados Unidos a prohiba
O Hóckey Club da Coruña vai a pola Champions League
O Deportivo baixa o pano da tempada do ascenso
O voto por correo para as eleccións europeas poderá depositarse até o 6 de xuño
O CSD intervén a RFEF, pero non inhabilita o imputado Pedro Rocha
O SNP racha a coalición de Goberno cos Verdes en Escocia e enfrontará unha moción de censura dos conservadores
“Creo que ao pobo escocés lle convén buscar un acordo diferente”, sostivo a quinta feira o primeiro ministro e líder do Partido Nacional Escocés (SNP), Humza Yousaf, ao facer pública a ruptura cos Verdes, formación coa que os soberanistas gobernan desde 2021, após unha semana de choques pola súa decisión de abandonar o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro até 75% a finais da década.
Mentres os Verdes criticaban a súa “covardía política” e que venda “as xeracións futuras”, o Partido Conservador presentou unha moción de censura contra o novo Executivo en minoría do SNP e o Partido Laborista insistiu en que se deben convocar eleccións anticipadas como saída a crise do Goberno escocés.
Jessica Bouzas, eliminada na segunda rolda do Madrid Open
Acabou o soño da tenista galega Jessica Bouzas no Mutua Madrid Open, o primeiro torneo da categoría WTA 1000 que disputou na súa carreira. Logo de eliminar na primeira rolda a toda unha ex número 2 do mundo como Paula Badosa, a de Vilagarcía de Arousa non tivo opcións sobre a terra batida da Caixa Máxica fronte Jelena Ostapenko, que actualmente ocupa a posición número 10 no ránking da WTA. A letoa impúxose por un contundente 6-3/6-1, a pesar dun interesante comezo de Bouzas que a piques estivo de subir ao electrónico o 3-1 no primeiro set, máis Ostapenko logrou facer boa a súa maior experiencia ante unha galega que está un pouco máis cerca dos Xogos Olímpicos.
Caetano Horta, á 'repesca' no Europeo de Remo
Falece un motorista tras chocar contra un coche en Gondomar
O condutor dunha motocicleta perdeu a vida na madrugada desta quinta feira tras chocar contra un coche na localidade de Gondomar (comarca de Vigo). Segundo informa o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 00.10 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, asegurando que un home estaba tirado na estrada, aparentemente inconsciente, despois de producirse un accidente no punto quilométrico 18 da PO-340. Até alí desprazáronse os servizos de urxencias do 061. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home. A Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía tamén participaron no operativo.
Rebelo de Sousa admite que Portugal debe "pagar os custos" da escravitude e a colonización
O fútbol une forzas para frear o odio en Nigrán
"Quero falarvos desde o corazón, porque cada unha e cada un de vós tedes un grandísimo poder, o poder de cambiar as cousas e acabar cos discursos de odio. Tanto na vida como no deporte, máis alá dos goles, os logros e os trofeos, están as aprendizaxes, a amizade e o respecto". As verbas sobre estas liñas pertencen a Brais Méndez, ex futbolista internacional do Celta, actualmente na Real Sociedade, e cara visíbel da campaña 'Stop Odio' da ONG Igaxes e o Concello de Nigrán, coa que pretenden "promover valores de respecto e igualdade" ao mesmo tempo que se logra "que ningún neno, nena ou persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social". Para logralo, o centrocampista de 27 anos participará en palestras xunto con persoeiros da cultura e o deporte, organizaranse obradoiros de sensibilización contra o odio en escolas e clubs deportivos, así como un torneo de fútbol praia en Nigrán dirixido a adolescentes de entre 12 e 16 anos os días 15 e 16 de xuño.
Un incendio comezado pola noite queima xa máis de 20 hectáreas na Caniza
O festival BDra reivindica a banda deseñada, unha arte na que Pontevedra "é potencia"
San Sadurniño decide a fase de ascenso á Superliga Masculina 2 de voleibol
Morre Maite Méndez, lenda do baloncesto pontevedrés
O baloncesto galego está de loito logo do falecemento de Maite Méndez, adestradora do Arxil, segundo informou esta terza feira o club do que foi cofundadora e ao que dirixiu ao longo das últimas 24 tempadas. A morte sorprendeu a preparadora apenas unhas horas despois de dirixir unha sesión de adestramento dun Arxil que conta os días para a súa estrea na fase de ascenso a Liga Challenge, que terá lugar ás 18.15 horas de mañá en Zaragoza ante Mipelletymas BF León. O deceso consternou o mundo do baloncesto galego, que foi profuso en condolencias. Pola súa parte, a Federación anunciou que se gardará un minuto de silencio antes de todos os partidos desta semana.