China

Foto de familia durante a inauguración do Cume pola Paz impulsado por Ucraína en Lucerna (Suíza) o pasado 15 de xuño. (Foto: Moncloa).
star
Análise

A frustración suíza

Xulio Ríos é presidente de honra do IGADI.
Xi Jinping e Vladimir Putin, esta quinta feira nunha cimeira en Casaquistán (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Putin ofrece retomar as negociacións con Ucraína sobre a base dos acordos de Estambul

A China pide traballar pola paz e os EUA anuncian un novo envío de armas.
Vehículos na terminal Ro-Ro de Bouzas, no Porto de Vigo (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Economistas chaman a "coidar" o comercio da Galiza coa China ante a guerra comercial

Esta quinta feira era o día previsto pola UE para subir os aranceis ao coche eléctrico chinés. A resposta de Beijing foi que inspeccionaría produtos gandeiros da UE, e isto deu paso ás negociacións. Bruxelas marcou xullo como mes límite para aumentar as taxas. 'Nós Diario' analiza as consecuencias dunha posíbel guerra comercial.
Total exportacións-importacións de Galiza a China  en miles de euros. (Foto: elaboración do autor a partir dos datos do IGE).
star
Análise

Tensións comerciais entre a UE e China en clave galega

Diego Sande Veiga é o profesor da USC e Coordinador da Liña e Investigación en Economía do IGADI.

Otanistas preocupados

Depósitos de minerais e metais no Sahel Occidental e o resto da rexión segundo os datos do Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos. (Imaxe: Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

Níxer revoga a licenza á francesa Orano dun dos xacementos de uranio máis grandes do mundo

Após a expulsión das tropas francesas, Níxer retíralle agora o permiso para operar nunha das minas de uranio máis importantes do planeta.

Ursula von der Leyen. (Foto: Markku Ulander / Lehtikuva / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

A UE sanciona a reexportación de gas natural licuado de Rusia, cuxas importacións lidera o Estado español

A UE gastou desde febreiro de 2022 case 200.000 millóns de euros en petróleo, gas e carbón ruso.
grafica-web
star
ECONOMÍA

Empresas galegas facturaron máis de 234 millóns en exportacións coa China

As relacións comerciais coa China creceron desde 2020 en 25%. A ameaza dunha guerra comercial polos aranceis que quere subir a UE a partir de xullo podería pór en perigo as contas de sectores galegos coma o cárnico. De feito, o Ministerio de Comercio chinés anunciou esta segunda feira unha investigación sobre as importacións de carne de porco procedentes da Unión Europea.

Sistema de mísiles balísticos ruso. (Foto: Europa Press / Contacto / Gavriil Grigorov / Kremlin Pool)
INTERNACIONAL

A inestabilidade impulsa o papel das armas atómicas nas relacións internacionais ao nivel máis alto desde a Guerra Fría

Os Estados Unidos concentran máis da metade do gasto en armamento nuclear.

Volodimir Zelenski e Viola Amherd. (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Arranca en Suíza a iniciativa de paz de Zelenski para Ucraína sen participación rusa nin chinesa

Zelenski quere "facer historia" e lograr un amplo consenso no chamado Cume de Paz Global.

Bruxelas nada decide

Vacina contra a Covid Sinovac. (Foto: Fathin Suhaira Abd Rahim / BERNAMA / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Os Estados Unidos lanzaron unha campaña antivacinas durante a pandemia en Asia

O Exército buscaba frear a influencia chinesa na rexión.
Foto de grupo a quinta feira en Italia do presidente do Consello Europeo, Charles Michel, o líder de Alemaña, Olaf Scholz; do Canadá, Justin Trudeau; de Francia, Emmanuel Macron; de Italia, Giorgia Meloni; dos Estados Unidos, Joe Biden; do Xapón, Fumio Kishida; do Reino Unido, Rishi Sunak, e a presidenta da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen. (Foto: Michael Kappeler / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O G7 pacta un préstamo de 46.000 millóns de euros para Ucraína avalado cos xuros dos fondos rusos conxelados

O G7 que iniciou en Italia, marcado pola debilidade da posición de líderes como o estadounidense Biden -que enfronta eleccións este ano-, profunda na axuda económica a Ucraína e non aborda a posibilidade de conversas de paz para acabar coa guerra.
Carlos Tavares, CEO de Stellantis (Foto: Stellantis).
ECONOMÍA

O CEO de Stellantis, en desacordo cos aranceis á competencia chinesa

Carlos Tavares, conselleiro delegado de Stellantis, "China está a converterse nunha parte importante do noso negocio" polo que entende que a estratexia europea pasa por ser "ofensivos e non defensivos".
A rusa Svetlana Kolesnichenko. (Foto: Brics Games).
DEPORTES

Kolesnichenko e Maltsev fanse co primeiro ouro nos Xogos dos Brics

O certame reúne en Rusia máis de 4.000 atletas.
Fábrica de vehículos na China, Estado que produciu unha quinta parte dos coches eléctricos vendidos en Europa en 2023. (Foto: Unique Vision)
star
INTERNACIONAL

A UE únese á guerra comercial dos Estados Unidos coa suba de aranceis aos coches eléctricos da China

Logo de anos de reticencias no seo da Unión Europea para sumarse á guerra comercial desatada polos Estados Unidos contra a China, a Comisión Europea, sen agardar á conformación do novo Executivo após as eleccións do domingo, deu finalmente este paso.
Narendra Modi fai o signo da vitoria tras obter o maior número de escanos nos comicios xerais (Foto: Pradeep Gaur / Zuma Press vía Europa Press).
INTERNACIONAL

A impostura de Modi, o principal baluarte do supremacismo hindú

Tal como xa sinalaban os prognósticos, aínda que cunha vitoria menos contundente do agardado, Narendra Modi, 73 anos, do Party Bharatiya Janata ou BJP (Partido Popular Indio), accederá por terceira vez consecutiva ao cargo de primeiro ministro. Algo que só aconteceu na historia da India con Jawaharlal Nehru, entre 1947 e 1964.
Vladimir Putin e Xi Jinping o pasado 16 de maio durante o 75 aniversario do inicio das relación diplomáticas entre Rusia e China. (Foto: Europa Press).
star
Análise

Gramática dun novo taboleiro xeopolítico en movemento

Katu Arkonada é diplomado en Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e Políticas Públicas.
Agnès Callamard, secretaria xeral de Amnistía Internacional. (Foto: Carlos Garcia Granthon / Europa Press / Contacto)
Agora

As execucións medran no planeta malia a redución dos Estados que aínda aplican a pena de morte

A pesar da redución da cifra de Estados que levaron a cabo execucións, de 20 en 2022 a 16 en 2023, o número de persoas confirmadas que sufriron a pena de morte o pasado ano, 1.153, é o máis alto desde 2015, cun incremento de 30% en relación a 2022, indica un informe divulgado a cuarta feira por Amnistía Internacional, que subliña que a listaxe de execucións está encabezada pola China, Irán, Arabia Saudita, Somalia e os Estados Unidos.

A finais de abril, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, desprazouse á China para “socavar” a relación entre o país asiático e o seu aliado ruso, sinalou a axencia Reuters, que a quinta feira admitiu que “parece que foi un intento falido” após a chegada a Beijing, a capital chinesa, do líder ruso, Vladimir Putin, na súa primeira visita de Estado, que remata hoxe, após a súa toma de posesión a semana pasada, logo de revalidar o cargo.

Tras aterrar, Putin e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, asinaron unha declaración conxunta co acordo de “profundar” a súa “asociación estratéxica” a raíz do 75 aniversario do estabelecemento de relacións diplomáticas. Esta data “é un novo punto de partida para crear maiores sinerxías nas estratexias de desenvolvemento e continuar enriquecendo a cooperación bilateral”, sostivo Xi, que antes da rúbrica transmitiu a Putin que “somos un bo exemplo para outras potencias en canto a respecto e franqueza”, nunha relación que “favorece a paz, a estabilidade e a prosperidade da rexión e do mundo”.

Tamén fixo fincapé nas súas relacións, que “pese a algúns altibaixos” foron “fortalecéndose e resistiron a proba do cambiante panorama internacional”, lembrando que se reuniu con Putin “máis de 40 veces” e destacando a súa colaboración nunha “orientación estratéxica” que “asegurou o desenvolvemento sólido, estábel e fluído dos nosos lazos”, chaves para “defender a xustiza" no planeta.

Pola súa parte, Putin salientou que “non son oportunistas nin dirixidas contra ninguén”, e reiterou que “a nosa cooperación en asuntos internacionais é un dos factores de estabilidade na escena mundial”, póndoa como “exemplo de como se deben construír vínculos entre Estados veciños” e citando o fortalecemento dos vencellos na cooperación nuclear, enerxética ou na subministración de alimentos.

No tocante á enerxía, medios internacionais apuntaron como un dos posíbeis asuntos que se trataron o referente á proposta de gasoduto Poder de Siberia 2, que uniría Rusia e a China a través de Mongolia e que permitiría enviar 50.000 millóns de metros cúbicos de gas natural por ano. En 2023, Rusia converteuse no principal provedor petrolífero chinés, desprazando Arabia Saudita tras redirixir as súas operacións comerciais por mor das sancións coercitivas implementadas contra o país por Estados membros ou da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) pola invasión de Ucraína.

Asemade, o líder ruso defendeu a colaboración no ámbito dos coches eléctricos, dando os parabéns á China por “un éxito claro e moi obvio” neste campo, poucos días despois de que os Estados Unidos anunciaran que elevarían os aranceis aos vehículos eléctricos chineses a 102,5%, aducindo que buscan protexer sectores “vitais” para a “seguridade nacional”.

Amais dos acordos de colaboración en diversos sectores, como a intensificación dos lazos militares, Xi e Putin tamén pactaron “promover a multipolaridade e a globalización” e coordinarse en institucións internacionais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) para “conducir a xestión global na dirección correcta”, así como “reformar e despolitizar institucións multilaterais como a Organización Mundial do Comercio (OMC) ou o G20” para “adecualas ás realidades modernas”.
Presión occidental contra a China

Artyom Lukin, docente da Universidade Federal do Extremo Oriente rusa, explicou ao xornal South China Morning Post que a visita “ten unha importancia pouco usual” e podería “definir a dirección futura dos lazos sino-rusos no futuro previsíbel”, no contexto da presión dos Estados Unidos para que Beijing limite o comercio con Moscova de bens de dobre uso (civil e militar), o que “equivale á exixencia dun embargo xeral sobre o comercio con Rusia”.

Nese sentido, Li Mingjiang, profesor da Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, considerou “pouco probábel” que o país asiático efectúe concesións relevantes a Washington, apuntando que as “tácticas de presión” occidental xerarán incerteza nas relacións bilaterais.

O comercio sino-ruso pasou de 133.000 millóns de euros en 2021 a 220.000 millóns o pasado ano, e Putin aseverou que 90% dos acordos comerciais realízase nas súas propias moedas, avanzando coa desdolarización.

Sexa como for, ambos os líderes exhibiron o seu aliñamento nas cuestións internacionais, concordando en que é “extremadamente urxente” resolver a agresión militar israelí contra o territorio palestino de Gaza, insistindo no seu apoio á “solución de dous Estados” e á implementación das resolucións da ONU ao respecto, organismo cuxo Consello de Seguridade exixiu un alto o fogo, detallou Xi.

Sobre Ucraína, subliñou que están de acordo en que “unha solución política á crise” é a “dirección correcta”, demandando “respecto para a integridade territorial de todos os países” e as “lexítimas preocupacións de seguridade de todas as partes”, ao que Putin contestou remarcando que é un enfoque que evita a “mentalidade da Guerra Fría”.
Zelenski admite a "difícil" situación en Khárkiv

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, estivo a quinta feira na rexión de Khárkiv, onde indicou que a zona está “en xeneral baixo control”, mais recoñecendo unha situación “extremadamente difícil”. Ademais, militares de Kíiv afirmaron á axencia AP que frearon os avances de Rusia en Vovchansk, o que foi rebatido polas autoridades rusas.

En todo caso, o pro occidental Instituto para o Estudo da Guerra debullou que o ritmo das operacións rusas “continúa diminuíndo” logo de facerse coas áreas fronteirizas menos defendidas, o que é coherente coa prioridade que outorga Moscova a crear unha zona de amortecemento que free os ataques ucraínos contra Belgorod, a cidade rusa máis próxima á fronteira. A prensa ucraína arremeteu contra a corrupción no país, cuestionando onde están os cartos dedicados a defensas militares que non foron finalmente desenvoltas.

Unha análise levada a cabo onte pola axencia AFP con datos do Instituto cifra en 257 km cadrados a área tomada polas tropas rusas desde o comezo da operación a finais da semana pasada até a cuarta feira, que abriu unha nova fronte de guerra, en Khárkiv. No resto de frontes a progresión foi de 21 km cadrados, incluído Robotine, a principal localidade tomada por Ucraína na súa falida contraofensiva de 2023.

Vladimir Putin, presidente ruso, e Xi Jinping, o seu homólogo chinés, a quinta feira en Beijing, a capital da China. (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A China e Rusia "profundarán" na súa cooperación e coordinaranse para "conducir a xestión global na dirección correcta"

O presidente ruso, Vladimir Putin, chegou á China para unha visita de Estado de dous días.