CIG

Delegados da CIG na CRTVG ás portas do Consello de Contas da Galiza. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O Consello de Contas comeza a fiscalizar os directos da TVG

A CIG considera inxustificada a externalización do servizo de directos e denuncia incumprimentos de contrato por parte da adxudicataria, Overon.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Un preacordo con melloras cancela o conflito das ambulancias

O pacto contempla a posibilidade de solicitar persoal de apoio, titulación adecuada para a UVI e o compromiso de realizar "os mantementos, as limpezas e as desinfeccións das ambulancias e dos equipos de traballo conforme obriga a lei".
Mobilización do persoal da limpeza na Coruña (Foto Nós Diario).
TRABALLO

Traballadoras da limpeza exixen contar con novos convenios "dignos"

Os sindicatos alertan da posibilidade de folga se non hai acordo para o novo convenio.
Sesión da Conferencia Internacional do Traballo de Xenebra. (Foto: CIG).
INTERNACIONAL

A 112 Conferencia Internacional do Traballo reúnese en Suíza

Un dos aspectos chave do encontro é o debate sobre os casos graves de incumprimento dos convenios da OIT.
Paulo Carril, no centro, na protesta da CIG en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG mobilízase nas cidades a prol do "dereito a unha xubilación digna para todas e todas"

Antes das mobilizacións diante das sedes do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o sindicato mantivo asembleas para analizar o contido da reforma da xubilación parcial e da anticipada por coeficientes redutores.
Varias empregadas nunha oficina da Axencia Tributaria. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
SOCIAL

A cita para a presentación presencial da declaración da Renda poderase pedir a partir da cuarta feira, 29 de maio

A data límite para presentar a declaración do exercicio 2023 está fixada no 1 de xullo

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril (Foto: Arxina).
SOCIAL

A CIG chama a participar na manifestación contra Altri este domingo en Palas de Rei

A central nacionalista acudirá á mobilización cunha faixa propia co lema 'Na defensa da nosa terra, Altri Non'.
Mobilización da limpeza na Coruña (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A limpeza ameaza coa folga se non hai novos convenios

En Pontevedra, os sindicatos anuncian que continuarán coas mobilizacións de non hai acordo na mediación. Mentres, Aspel recúa e recoñecerá a suba salarial de 9,8% na Coruña.
Planta de Alcoa San Cibrao. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Alcoa manterá "confidencial" o proceso de venda da fábrica

Fontes da multinacional afirman que informarán do proceso de venda "ao seu debido tempo aos implicados". Mentres, a CIG demanda que se faga o estudo sobre a balsa.
De gañar, o dianteiro sumaría o seu segundo título  co Bayer. (Foto: AFP7 / Europa Press).
DEPORTES

Borja Iglesias, un galego que pode levantar hoxe a Europa League

O seu Bayer Leverkusen colide co Atalanta italiano na finalísima.
A balsa, de 100 metros de alto, ten capacidade para 28 millóns de metros cúbicos de lamas tóxicas.(Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG urxe Alcoa para que realice o estudo sobre a balsa de residuos

A central nacionalista alerta de que “non está garantida que a Xunta acepte como válido” se non hai outro estudo. Esta segunda feira, ademais, o Comité de Navantia Ferrol traslada as demandas ao Goberno español.
Recollida de sinaturas do colectivo de pensionistas, xubiladas e xubilados da CIG (Nós Diario)
ECONOMÍA

A CIG reclama en Madrid o dereito á xubilación anticipada

O sindicato reuniuse esta quinta feira co secretario de Estado de Seguridade Social e Pensións..
Francisco González Sío e Paulo Carril nunha rolda de prensa en Vigo (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A CIG denuncia que o Estado segue incumprindo a Carta Social Europea

O SMI para 2024 só é 52,50% do salario medio recollido por Eurostat, segundo a central nacionalista.
Protesta do persoal de Zara Loxística (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Persoal de Zara Loxística mobilízase na Coruña contra a "perda de dereitos"

Convocan unha manifestación este domingo na cidade herculina.

Realismo máxico galego

Oficina do BBVA en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Os sindicatos alertan de que perigan máis de 300 empregos coa fusión de BBVA e Banco Sabadell

As primeiras reaccións ao anuncio do BBVA de negociar a fusión co Banco Sabadell marcaron subas na entidade catalá en bolsa. Os sindicatos alertan de que a iniciativa virá acompañada de recortes no emprego e unha maior exclusión bancaria para a Galiza.  
Manifestacións polo 1 de maio na Coruña. Arriba, a realizada pola CIG e, abaixo, a que convocou UXT e CCOO (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Traballo digno, Palestina e pleno emprego centraron as protestas do 1 de Maio

Este 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, as organizacións sindicais manifestáronse por toda a Galiza. Nesta ocasión ás reivindicacións laborais engadíronselles o contexto internacional e a actualidade política estatal.  
Pintadas nunha ambulancia contra o propietario da compañía, Carlos Simón. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Sanidade intervirá os contratos con Ambulancias do Atlántico

Os sindicatos desconvocan as dúas xornadas de paro após o persoal recibir o pago dos salarios de abril
Manifestación da CIG polo Primeiro de Maio do pasado ano en Vigo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

30 marchas percorrerán o territorio galego durante o Día Internacional da Clase Obreira

Case 20 cidades e vilas contarán con manifestación.

Concentracións en Compostela da CIG-Saúde, en demanda de seguridade no traballo (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Ao 90% do persoal da limpeza non se lle recoñece as enfermidades laborais

Mañá é día Mundial da Saúde Laboral, unha data declarada pola organización internacional do traballo (OIT), para lembrar a situación neste eido nos lugares de traballo. Na Galiza, as cifras oficiais de baixas laborais non teñen en conta as que non se certifican como continxencias profesionais.