Día das Letras Galegas

Cantoras da miña vida

As que cantan

Cantareiras e Rosalía

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, na rolda de prensa posterior ao pleno da Academia.
CULTURA

A "poesía do pobo" será a protagonista do Día das Letras Galegas en 2025

A música e as cantigas son un dos principais vehículos da lingua e as que conteñen a súa memoria sentimental. A Real Academia Galega aposta en 2025 polo cultivo popular do idioma, ao dedicar o Día das Letras Galegas ao cancioneiro galego. 
 
Adolfina Casás Rama fotografada pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa. (Foto: Fondo Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego)
CULTURA

O Día das Letras Galegas 2025 dedicarase ao cancioneiro popular galego

A candidatura inclúe as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
Anxo Xoán Rajó é profesor de secundaria (Foto: Lucía Núñez Martínez).
Contracultura

Anxo Xoán Rajó, profesor: "Ao alumnado sorpréndeno as múltiples facetas de Luísa Villalta; poeta, violinista, activista..."

Anxo Xoán Rajó (Vigo, 1973) asina Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa (Ir Indo), unha biografía realizada a través de investigación bibliográfica e de entrevistas ás persoas que coñeceron a homenaxeada no Días das Letras Galegas deste ano. 

Conmemorar a palabra de Antón Tovar

Presentación do libro 'Andei por Santiago, pisando estrelas' de Luísa Villalta no Museo do Pobo Galego (Foto Nós Diario).
CULTURA

Lembran nun libro a pegada de Luisa Villalta en Santiago

O Concello e o Consorcio de Santiago homenaxean á poeta cunha edición especial titulada 'Andei por Santiago, pisando estrelas'.

Repensar as Letras

Marga do Val e David Otero, esta sexta feira, na Estrada (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Marga do Val debulla na Estrada o 'Sermos Galiza' dedicado a Luísa Villalta

A presentación decorreu da man de Vagalumes
José Manuel Fernández é catedrático de repertorio con voz no Conservatorio Superior de Música de Vigo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

José Manuel Fernández: "Luísa Villalta era do noso gremio, ten moita obra relacionada coa música, porque era música poeta"

José Manuel Fernández (Ourense, 1968) é o coordinador do equipo de dinamización lingüística no Conservatorio Superior de Música de Vigo e foi o encargado de organizar o concerto en homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas no auditorio deste centro.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
CULTURA

A Fundación Penzol abre unha exposición sobre Luísa Villalta

Móstranse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol

Facer do cotián o extraordinario

A escritora Luísa Villalta. (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
CULTURA

AELG exixe respecto á memoria das protagonistas do 17 de maio

Oponse a "calquera intento de manipulación ou distorsión"
A escritora María Canosa. (Foto: Santiago Garrido)
star
A entrevista

María Canosa: "Luísa non é unha escritora máis, é diferente, e a min interesábame salientar o que a diferenciaba"

María Canosa vén de publicar 'Luísa Villalta. Melodía de Palabras'. Unha obra coa que reivindicar a figura homenaxeada nestas letras galegas e achegarse a toda a súa complexidade coa música como protagonista.
Luísa Villalta, por Andrade.
star
Reportaxes

'En concreto': Luísa Villalta e nós

O símbolo da subida, asentado na experiencia andante de Luísa Villalta, é unha máquina polisémica que serve para expresar tamén a consciencia do labor de escrita poética. Sobe, pois, Luísa, no aprezo de lectoras e lectores e continúa a subir no autorretrato que deseñan os seus versos, na imaxe en que ela mesma descobre novos atributos do seu ser. Afástase a poeta do perfil da súa propia figura para, desde a distancia oportuna, contemplar outro dos seus vértices humanos, o da loitadora esperanzada, soñadora, a que albisca no horizonte un futuro tal vez realizábel de liberdade e xustiza.

Un pacto polo galego?

Galego 365

A lingua, viva

Danzantes de Vilanova dos Infantes, esta sexta feira, na Romaría Etnográfica Raigame. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Vilanova dos Infantes reivindica a Romaría Raigame como "acto central" do 17 de maio

Vilanova dos Infantes, en Celanova (Terra de Celanova), celebra desde hai vinte anos o Día das Letras Galegas coa súa Romaría Etnográfica Raigame. Nesta 21 edición milleiros de persoas encheron o casco histórico de Vilanova para recrear unha reunión social “en defensa do idioma, a cultura e os oficios tradicionais da Galiza, que se están perdendo”.