gandaría

Explotación láctea galega (Foto: Europa Press). #gandaría #leite #sectorlácteo #vacas
star
SOCIAL

38% das persoas que traballan no sector agrario na Galiza son asalariadas

O aumento do persoal asalariado no agro galego dáse parello a un cambio na realidade das explotacións: as granxas con máis de 100 cabezas de gando suman xa 43% das vacas da Galiza, malia representar só 9% das explotacións. As 10.000 granxas pequenas (41%) son as que concentran o feche de granxas.

Novo logotipo, en castelán, da IXP sobre exemplares de Tenreira Galega Suprema.
LINGUA

'Vaca Gallega-Buey Gallego': a Xunta prescinde do galego para a IXP por "falta de arraigamento" da marca

O DOG recolleu a pasada sexta feira unha orde da Consellaría do Medio Rural concretando a mudanza.
aaaaaaaaaaaaaaa
Parlamento

A oposición denuncia o feche de 12.000 granxas desde 2009 e a Xunta alega que as que quedan "son a envexa de España"

A conselleira anunciou que este ano o seu departamento presentará o anteproxecto de Lei de montes comunais.
Feira en defensa do gandeiro de montaña, no Courel, en maio (Foto: Feira en defensa do gandeiro de montaña).
Eleccións Europeas 9-X

Política Agrícola Comum ou Política Agrícola Galega: situación e retos do agro galego

Galiza incorpora-se à Comunidade Económica Europeia (CEE), fazendo parte do Estado espanhol, o 1 de janeiro de 1986, em pleno debate interno desta organização a respeito da necessidade de defrontar uma reforma em profundidade da Política Agrícola Comum (PAC), quando já no ano 1984 se instaurara o sistema de limitações à produção, sendo a limitação à produção leiteira a que mais diretamente afetou a atividade agrária galega.
Vacas de leite ecolóxico a pasto na Pastoriza. (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O Sindicato Labrego denuncia recortes de prezos lácteos con casos por baixo de 40 céntimos por litro

"Hai semanas tamén que solicitamos entrevista á nova conselleira de Medio Rural para trasladarlle estes problemas e os doutros sectores, sen que até o momento se dignase tan sequera a contestar", reprocha o SLG.
Explotación ecolóxica galega de gando vacún (Foto: Craega).
star
ECONOMÍA

A Fruga denuncia que a estabulación obrigada prexudica as gandarías e "premia" a industria

A Federación Rural Galega (Fruga) critica a modificación normativa que, desde o Consello Regulador da Tenreira Galega, obriga as explotacións que producen na categoría da Suprema a situar en recintos fechados por un tempo os animais de máis de oito meses.  
Explotación gandeira (Tenreira galega).
ECONOMÍA

A Fruga di que Medio Rural beneficia as gandarías industriais de Suprema coa nova normativa de estabulación

O sindicato critica os cambios de regulación impostos pola Consellaría no Consello Regulador da Tenreira Galega.
Factoría de InLeit en Curtis. (Foto: InLeit)
Xustiza

Un xulgado de Betanzos condena Inleit por incumprir prezos lácteos en acordos con gandeiros

A sentenza considera "acreditado" o incumprimento do pago do prezo convido por parte de Inleit.
Visita de Ana Miranda e Ana Pontón ás instalacións de Innolact-Quescrem, esta terza feira. (Foto: Nós Diario)
Eleccións Europeas 9-X

O BNG defenderá en Europa un cambio na PAC que achegue "empregos dignos" no rural

"O BNG é a voz que quere defender toda esa cadea de produción da industria láctea agraria do noso país, empezando por defender a nosa capacidade produtiva, pero tamén que teñamos un novo deseño da PAC que se adapte á realidade galega", apuntan Pontón e Miranda desde Castro de Rei.
Estado da auga na bacía do Tambre tras a vertedura de Erimsa (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Erimsa proxecta unha mina a ceo aberto na área de Ordes

A rotura dunha balsa da empresa causou unha alerta en 2023 sobre 12 municipios polas verteduras sobre a bacía do Tambre.
Luis Planas na clausura do Foro de Diálogo da Gandaría (Foto: Juan Moreno / Europa Press).
ECONOMÍA

Luis Planas di que o persoal veterinario nas explotacións "será voluntario" e os sindicatos amosan unha "cauta satisfacción"

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación asegurou esta sexta feira, na clausura do Foro de Diálogo da Gandería Extensiva en España que decorreu en Toledo, que quen conte coa figura de veterinario de explotación "terá vantaxes".
Varias vacas de leite nunha granxa da parroquia de Piñeiro en Xermade (Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

Un proxecto para o rural

Isabel Vilalba é gandeira, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.
Explotación en Agra, Agolada (O Deza). [Foto: Nós Diario]
ECONOMÍA

Granxas de estabulación trabada reciben avisos para suspender a recollida de leite

Pequenas explotacións advirten de que terán que fechar.
Queixo da DOP Arzúa-Ulloa. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Incremento de forestación de terras agrarias e contaminación de auga e aire: as preocupacións da DOP Arzúa-Ulloa sobre o proxecto de Altri

A información “cambiante” sobre o proxecto desde a súa presentación inicial causa no Consello Regulador da DOP “dúbidas razoábeis”

A conselleira María Jesús Lourenzá e o presidente de Cesuga, Venancio Salcines (no centro), na gala Empresario do ano de 2023. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
star
Análise

O rural era un mercado

Isabel Vilalba é gandeira e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

Baleirados e baleiros

Intervención de María Agrelo onte na xornada 'Greenwashing. Ameaza ou realizade?' que decorreu en Santiago de Compostela (Foto: Craega).
star
ECONOMÍA

O 'greenwashing' medra tamén no agro ecolóxico: "O consumidor está nunha xungla"

Intereco, en colaboración co Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega), analizou esta cuarta feira nunha xornada en Compostela o 'greenwashing', unha táctica de mercadotecnia que engana facendo crer que unha empresa, campaña ou produto é respectuoso co medio ambiente cando non o é. Denuncian prácticas de 'branqueo ecolóxico' en campañas de Inditex ou Endesa.
Protesta ante a Xunta polo protocolo de baleirado de animais (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Propietarios dunha granxa de Manzaneda protestan ante a Xunta tras o sacrificio de todas as súas vacas: "Estamos abandonados"

Os propietarios da granxa de Manzaneda (Terra de Trives) á que lle sacrificaron todas as súas vacas a raíz dun brote de tuberculose, Secundino e Luís, protestaron esta cuarta feira ante a Xunta da Galiza, en Compostela.
Vacas nunha gandaría de produción láctea en Sabadelle, Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

O leite galego é o único que se paga a menos de 50 céntimos por cada litro

A Galiza contabilizou 33 explotacións leiteiras menos no mes de febreiro.
O ministro español de Agricultura, Luis Planas, esta terza feira no Senado (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
Agora

O Executivo español espera pola resposta do agro ás súas medidas

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reiterou esta terza feira que, en liña co "compromiso" coas explotacións agrícolas e gandeiras, presentou unha proposta "completa e traballada de medidas que dan resposta ás súas preocupacións". Así o fixo en resposta a unha pregunta parlamentaria no pleno do Senado sobre o documento que o Goberno estatal presentou antonte con 43 medidas, entre elas créditos ICO por valor de 700 millóns de euros, o reforzo da AICA (Axencia de información e control alimentarios) para mellorar o cumprimento da Lei de cadea alimentaria ou bonificacións fiscais. Con esta iniciativa, o Goberno estatal pretende dar resposta ás demandas de agricultoras e gandeiras co obxectivo de alcanzar un acordo e pór fin ás mobilizacións do campo. O Executivo español atópase agora á espera dunha resposta por parte das principais organizacións profesionais agrarias do Estado español a este documento. Neste sentido, o ministro apelou a que as forzas políticas dean liberdade a estes colectivos "para xulgar, sen presións de ninguén, o que deben decidir".