premio

Isabel Rei co galardón concedido pola Asociación Internacional de Marionetistas (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

Isabel Rei: "A xente nova que se achega ao mundo do teatro con monicreques é máis aberta"

Isabel Rei (A Coruña, 1958) vén de ser recoñecida pola Asociación Internacional de Marionetistas (Unima) co Premio Unima Galiza en recoñecemento á súa carreira. Esta entidade, ademais, tamén vén de celebrar o XII Encontro Titiriteiro Galego, que non tivo lugar nos últimos cinco anos. 

Espazo Lectura

Felipe Senén López (Foto: Laura Barcala).
Entrevista

Felipe Senén: "Reivindico o ser humano como célula fundamental da creatividade, que era a mensaxe da Xeración Nós"

O investigador e colaborador de ‘Nós Diario’ recibiu este domingo o Premio Freire Carril 2024, que lle foi entregado pola súa extensa traxectoria como arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico da Coruña pola Asociación Agromadas, da parroquia ourensá de Seixalbo, que distingue cada ano ás entidades ou persoas que na Galiza desenvolven labores a favor da comunidade social e que abarca os aspectos referidos á participación na vida comunitaria, a profundar na democracia e na vida cultural galega.

O escritor Rafa Vilar, na súa biblioteca persoal (Foto: Nós Diario).
CONTRACULTURA

Rafa Vilar, escritor: "A idea fundamental que quería deixar con 'A penúltima estación' é que a palabra importa"

Rafa Vilar (Cee, 1968) é o autor de A penúltima estación, a obra gañadora no XVIII Certame de Relatos da Sociedade Liceo de Noia e na que aborda distintas reflexións sobre a morte e o amor a través das historias de dúas mulleres, cada unha da súa xeración, que se atopan nun punto de inflexión das súas vidas.
Foto de familia dos premio Zona Press (Foto: Zona Press).
Agora

Ferrol acolleu a gala de entrega dos Premios Zona Press de baloncesto

O centro cultural Torrente Ballester de Ferrol acolleu no será desta sexta feira a gala de entrega da sétima edición dos Premios Zona Press, os únicos que teñen o baloncesto galego como temática principal. Nos mesmos, Raquel Carrera (Valencia Basket) e Agustín Alejos (Amfiv) foron distinguidos como mellores xogadora e xogador galego do ano, respectivamente. Ademais, o líder do recentemente ascendido Básquet Coruña, Diego Epifanio, levou o premio a mellor adestrador dun equipo galego, recoñecemento que no caso dos homes e mulleres sobre a pista foi para a catalá Gala Mestres (Baxi Ferrol) e o balear Sergi García. Do mesmo modo, tamén foron galardoados Miguel Ángel Pérez (mellor árbitro), Nerea Liste e Martín Fernández (mellores promesas) e o dúo Goran Huksic-Murjanatu Musa (mellores extranxeiras).
A escritora e docente Rosalía Fernández Rial (Foto: Antonio Seijas).
Contracultura

Rosalía Fernández Rial, escritora: "As boas intencións non chegan para abordar as situacións de acoso escolar"

Rosalía Fernández Rial (Muxía, 1988) é a autora de 'Fóra de campo', a obra teatral galardoada co VII premio Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o instituto de secundaria Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia.
A produtora María Zamora e a directora Carla Simón (Foto: CCCC vía Europa Press).
CULTURA

María Zamora, produtora de 'O Corno', Premio Nacional de Cinematografía 2024

María Zamora, produtora de cintas galegas como 'O corno' ou 'Matria', foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía, a proposta do xurado.
Equipo de Aquí tamén se fala (Foto: Aquí tamén se fala).
CULTURA

Aquí tamén se fala obtén o recoñecemento do Forum Europeo

O recoñecemento únese aos galardóns 'Mil Primaveras' que entrega a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e ao Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña.
Carlos L. Bernárdez 
naceu en Vigo en 1958 (Foto: Arxina).
CULTURA

Carlos L. Bernárdez gaña o XX Premio Cabanillas

A gala de entrega do galardón decorrerá o vindeiro 7 de xuño

Silvia Penas é poeta, creadora artística e performer (Foto: Diego Mateo).
CULTURA

Silvia Penas, escritora: "Interesábame a palabra retrato, ten que ver coa memoria e coa idea de que é un único fragmento"

Silvia Penas (Vigo, 1980) gañou neste mes de maio tres premios: o Follas Novas polo seu poemario Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia); o Premio de Poesía do Concello de Carral co poemario A pel do exilio (que será publicado en Espiral Maior), e o Premio aRi[t]mar a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza por “Canto segundo para un fillo non nado".
Dores Sánchez Alegre, Daniel Romero, Borja González, Francisco Cedeira e Soledad Agra (Foto: Deputación da Coruña).
CULTURA

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e Aquí tamén se fala gañan os Premios Rosalía de Lingua

A responsábel de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, presidiu o xurado.
Antón Riveiro Coello está entre os finalistas dada XXVIII edición dos galardóns Premio Arcebispo Juan de Santo Clemente de novela (Foto: Editorial Galaxia).
CULTURA

Que libros optan aos galardóns Arcebispo Juan de San Clemente de novela?

Os libros gañadores das tres categorías son elixidos por alumnado de Bacharelato do propio instituto Rosalía de Castro e doutros de fóra da Galiza.
'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. (Foto: Rubén Prieto).
CULTURA

Tito Asorey e Vanesa Sotelo, finalistas nos Premios Max pola súa adaptación de Ibsen para Talía Teatro

A montaxe de Talía Teatro xa fora a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 
A filóloga e poeta Silvia Penas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Silvia Penas, Premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do Ano na Galiza por 'Canto segundo para un fillo non nado'

'Há mulheres que trazem...', da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.
Foto de familia das persoas galardoadas nos Premios Follas Novas (Foto: Xaime Cortizo).
SOCIAL

Premios Follas Novas do Libro Galego: olla aquí todos os galardóns da novena edición

A gala decorrida no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 2023.
A fotógrafa Mónica Vila estudou na Escola Mestre Mateo e na Escola de Imaxe e Son da Coruña. (Foto: Iñaki Abella)
Contracultura

Mónica Vila: "O premio Xosé Manuel Eirís dime que fixen o correcto coa fotografía de Pura e Herminia"

Mónica Vila (Vilanova de Arousa, 1975) é a autora de 'Pura e Herminia', a fotografía gañadora do XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que convoca anualmente o Concello de Carballo (Bergantiños).
O escritor Xosé Ricardo Losada (Foto: R. S.).
CULTURA

Xosé Ricardo Losada recibe o premio Antón Avilés de Taramancos de relato de aventuras

A Editorial Toxosoutos vén de publicar a cuarta novela de Xosé Ricardo Losada, 'Un inferno frío', coa que conseguiu o galardón dedicado ao poeta noiés Antón Avilés de Taramancos.
Concerto de Jose Afonso en Ponteareas (Foto: SCD Condado).
SOCIAL

aRi[t]mar premia a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado como Embaixada da Amizade Galego-Lusófona

O galardón entrégase todos os anos a aquela persoa, agrupación ou entidade que teña demostrado un gran compromiso coa construción de pontes culturais entre a Galiza e a Lusofonía.
O xornalista Héctor Pena e a capa do libro.
CULTURA

Que obras optan aos premios Follas Novas do Libro Galego?

O xornalista de 'Nós Diario', Héctor Pena, opta ao premio na categoría de Obra de Divulgación. 
Martín Romero co Goya recibido por 'To Bird or Not To Bird'.
CULTURA

'To Bird or Not To Bird', de Martín Romero, mellor curta no festival Skyline Benidorm

A película de Romero, unha mirada crítica do mundo contemporáneo desde a perspectiva das aves, foi a gañadora tamén do Premio Goya á Mellor Curtametraxe na última edición destes galardóns.