Crónica
Viaxe a bordo do Avril: a posta en marcha o 21 de maio dos trens S-106 abre un novo tempo
16/maio/24
Unha viaxe co ministro de Transporte e Mobilidade Sostíbel, Óscar Puente, a bordo do Talgo Avril deu paso a unha fervenza de anuncios enmarcados no Plan Directorio do Corredor Atlántico, que prevé un investimento de 4.561 millóns de euros até 2030 en múltiples actuacións en trens, estradas, portos e aeroportos. O Avril reduce a viaxe desde A Coruña e Vigo a Madrid a 3 horas.