O Incio acolle unha nova edición do festival Tremeterra

O festival conta con actividades e concertos de balde arredor da cultura Soundsystem, na contorna do encoro de Vilasouto.
Iria Castro, no centro, con dúas representantes da organización do Tremeterra.
photo_camera Iria Castro, no centro, con dúas representantes da organización do Tremeterra.

O Incio (comarca de Sarria) vai celebrar esta fin de semana a terceira edición de Tremeterra, unha proposta da Asociación Cultural Arandela e a Asociación Cultural Sonsistema que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura Iria Castro presentou onte esta cita xunto as organizadoras Jessica Moledo e Alba Vázquez no Pazo de San Marcos, en Lugo.

Tremeterra conta con actividades e concertos de balde arredor da cultura Soundsystem, na contorna do encoro de Vilasouto. Este encontro naceu co obxectivo de axudar no eido local, creando unha alternativa de ocio para a xente da zona e introducindo propostas culturais de vangarda.

Iria Castro valorou "o traballo de entidades que permiten sumar propostas á axenda musical e cultural da comarca de Sarria e de todo o país cun festival para o que chegan grupos galegos, estatais e tamén internacionais" e reiterou "o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coas propostas do tecido asociativo que permiten, ademais, dar impulso económico ao territorio así como dar a coñecer o noso patrimonio".

O programa comezará mañá á tarde con Chapamama e continuará coas actuacións de Baboon Prophecy & High Paw, Higher Meditation & Nia Songbird, Weeding Dub, Mr. Xebre e Dub Mono Hifi, que pechará desde as 1.30 ás 4.30 horas a primeira xornada.

Na xornada do sábado o programa comezará ás 15.30 horas con Amandub, Ital Roots & Lasai, Lewis Bennett, Ginette Prod, Radikal Guru, Wandem SoundSystem & The Hornsmen Section, High Nebre & Le Faune Stepper e Toroki.

Comentarios