Balonmán

Atlético Guardés e Elxe coliden por un posto na final da Liga Guerreiras

O partido de ida rematou cun 27-26 para as galegas.
O Porriño chega con unha mínima vantaxe ao transcendental encontro. (Foto: Balonmán O Porriño).
photo_camera O Porriño chega con unha mínima vantaxe ao transcendental encontro. (Foto: Balonmán O Porriño).

O Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño está completando unha tempada histórica para a entidade, pois conseguiu a súa mellor clasificación na División de Honra Feminina -actualmente coñecida como Liga Guerreiras, cun cuarto posta; e logrou clasificarse para a fase final dunha Copa da Raíña na que caeu eliminado nos cuartos de final fronte o Aula de Valladolid (26-24).

Non obstante, a escuadra do sur da Galiza ten a oportunidade de resarcirse clasificándose por vez primeira para a gran final ligueira, pois esta cuarta feira disputa o partido de volta das semifinais ás 20 horas no Pavillón Esperanza Lag de Elxe.

Alí defenderá a mínima vantaxe que obtivo no encontro de ida, cando logrou imporse ante o seu público no Pavillón Municipal do Porriño por 27-26. 

Isto significa que tanto un triunfo como un empate na casa das ilicitanas serán suficientes para non depender dunha prórroga ante un conxunto que tamén perdeu nos cuartos de final copeiros -no seu caso, contra o Costa do Sol Málaga-, pero que conta co aval de rematar a fase regular da Liga Guerreiras en primeira posición, gañando 37 dos seus duelos, empatando un e perdendo tan só tres. 

Para o preparador porriñés, Ismael Martínez, a realidade é que veñen "dunha decepción na Copa", torneo do KO no que, recoñece, non estiveron ao seu nivel. Con todo, iso non significa que encaren coa cabeza baixa un choque co Elxe que definiu como "un soño na historia do club".

"Será moi complicado, pero a xente está moi concienciada", manifestou sobre a mentalidade das súas xogadores ante este transcendental partido para o que serán dúbidas tanto Paulina Buforn como Aitana Santomé, pois ambas aínda arrastran molestias físicas de distinta índole.

Comentarios