Galiza-Panamá

EN DIRECTO | Galiza 0-2 Panamá

Sigue aquí o minuto a minuto do partido entre Galiza e Panamá.
O coruñés Lucas Pérez disputando un balón. (Foto: RFGF)
photo_camera O coruñés Lucas Pérez disputando un balón. (Foto: RFGF)
 Actualizar
21.55

Final do partido

21.40

Gol anulado á Irmandiña!

Centrou Miguel Rodríguez e rematou de cabeza Manu Justo, mais o árbitro invalidou a xogada por fóra de xogo. Protesta Balaídos mentres a Irmandiña segue a intentalo.

21.05

Reanúdase o partido

20.50

Remata a primeira metade

20.45

Gol de Panamá

Segundo gol de Panamá. Marcou Roderick Miller.

20.33

Dobre troco na Irmandiña

Primeiros cambios da selección galega á media hora do partido. Entran Álvaro Ratón e Manu Justo e saen Iván Villar e Lucas Pérez.

20.27

Gol de Panamá

O árbitro sinalou penalti de Jonny a favor do combinado panameño e transformouno, após ter que repetir o lanzamento, o capitán, Eric Davis.

20.02

Arrinca o partido!

A Irmandiña ten a pelota no inicio do encontro.

19.55

E soa o himno galego!

As Tanxugueiras interpretan unha emocionante versión do himno galego.

19.55

Losada por Aspas

Cambio de última hora na Irmandiña. Xogará de inicio Iker Losada por Iago Aspas, que ten molestias.

19.51

Saltan os xogadores ao céspede!

Soa o himno de Panamá.

19.45

Así cantou Balaídos o XI da Irmandiña

19.40

Himno galego en Balaídos!

As gaitas animan os exteriores de Balaídos ao son do himno galego. Cada vez vai chegando máis xente.

19.10

O XI de Panamá

E confirmado tamén o equipo inicial da selección panameña, adestrada por Thomas Christiansen, que saltará ao céspede de Balaídos con: Mosquera; Miller, Fariña, Andrade, Davis; Murillo, Martínez, Welch, Góndola; Guerrero, Bárcenas.

19.05

Once confirmado para o Galiza-Panamá!

Diego Martínez formará de inicio cun 1-4-2-3-1 con: Iván Villar; Álvaro Carreras, Quique Fornos, Carlos Domínguez, Jonny Otto; Hugo Sotelo, Álex López; Álvaro Lemos, Lucas Pérez, Héber Pena; Iago Aspas.

18.30

Manifestación pola oficialidade

Ás 18.30 horas partiu da praza de América a multitudinaria manifestación convocada por Vía Galega para exixir a oficialidade de todos os combinados deportivos da Galiza.

 Actualizar

Comentarios