Máis de 200 seareiros e seareiras achegáronse este sábado ao aeroporto de Alvedro para dar a benvida aos xogadores do Basquet Coruña, que lograron esta sexta feira o ascenso á ACB, a máxima categoría do baloncesto estatal.
#Coruña | Alvedro se tiñe de naranja! 🧡
— Silcerino 🍍 (@silcerino) May 11, 2024
El @basquetcoruna es de la #LigaACB 🏀 pic.twitter.com/42EDvS9GCb
Despois da vitoria por 74-80 en Melilla, a bancada coruñesa non quixo perder a oportunidade de celebrar coa que xa é nova escuadra da elite estatal do baloncesto. A festa xa comezou na sexta feira unha vez que foi certificado o ascenso, mais continuará de forma oficial esta tarde na explanada de Riazor, a partir das 19.15 horas.
GRACIAS 🧡 pic.twitter.com/79hKIvRjxg
— Leyma Basquet Coruña 🍊 (@basquetcoruna) May 10, 2024
56 anos despois
Segundo lembraba o coñecido tuiteiro MisterChip, "o 5 de maio de 1968 o Bosco Revoltosa deulle á cidade da Coruña o seu primeiro ascenso á máxima categoría do baloncesto estatal. 56 anos e 5 días despois o Basquet Coruña volveu situar esta fermosa cidade galega na elite do baloncesto. Só engadir que, na mesma tempada na que ascendeu o Bosco, tamén o fixo o Dépor e é bastante posíbel que a historia se volva a repetir".
Aunque pierda en Melilla, ¡¡¡YA ES OFICIAL!!!
— MisterChip (Alexis) (@2010MisterChip) May 10, 2024
El 5 de mayo de 1968 el Bosco Revoltosa le dio a la ciudad de A Coruña su primer ascenso a la máxima categoría del baloncesto español, tras derrotar al Vallehermoso.
56 años y 5 días después el @basquetcoruna ha vuelto a situar a… pic.twitter.com/wl3SfsuCXc
Ante este fito histórico foron numerosos os parabéns recibidios pola escuadra laranxa, tanto desde o eido político como desde o deportivo e social. O Dépor, que este domingo ten na súa man o ascenso á segunda división do fútbol estatal foi un dos equipos que reaccionou nas redes sociais a esta nova.
Breogán
O Basquet Coruña compartirá máxima categoría co Breogán, que liderado polo base estadounidense Justin Robinson (23 puntos) e o croata Toni Nakic (17 puntos) certificou a súa permanencia na liga ACB tras encadear a súa terceira vitoria consecutiva contra o Andorra (97-92).
A Liga ACB baixa o pano da tempada o domingo ás 18.30 horas, cando o Obradoiro se xogará contra o Joventut a permanencia. O conxunto da capital galega depende do resultado do Granada ante o Gran Canaria, de perder os andaluces, o Obra poderase salvar de conseguir unha vitoria.