Anova escollerá a súa candidatura ás europeas o 30 de marzo en referendo

Calquera militante pode presentarse, así como tamén persoas non afiliadas que teñan o aval dun grupo de militantes.

anova_urna_estreita
photo_camera anova_urna_estreita

A candidatura de Anova para a cita europea será elixida pola propia militancia o vindeiro 30 de marzo mediante un proceso de referendos nas asembleas territoriais. As urnas estarán abertas de 12:00 a 18:00 horas.

Segundo sinala a formación, calquera persoa militante de Anova pode presentarse para figurar na candidatura. Tamén o poderán facer persoas non afiliadas, co aval “dun grupo de militantes”. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 19:00 horas do 23 de marzo.

Campaña

Haberá mesmo un período de campaña interna no que a afiliación de Anova poderá poarticipar de forma individual e colectiva con escritos de apoio aos e ás candidatas, escritos que serán publicados pola organización.

Após o referendo no que a militancia optou por concorrer con IU na cita do 25 de maio, a persoa que foi proposta por Beiras para ser candidata de Anova foi Lidia Senra, que ocuparía o posto quinto na listaxe de Izquierda Unida. Será o día 30 a militancia quen escolla.

Comentarios