O BNG lembra que os incendios demostran que “é urxente” un novo modelo forestal para Galiza

Ana Pontón reiterou que os incendios deben ser apagados no inverno e aplicar políticas de prevención. A candidata apostou por un modelo forestal que potencial o monte galego.

Ana Pontón
photo_camera Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG e candidata  á presidencia da Xunta pola formación nacionalista, Ana Pontón, afirmou que os incendios que azoutan o sur do país nestes días amosan que é urxente “unha política de prevención e un novo modelo forestal para Galiza”. Pontón dixo estas declaracións durante a súa visita á Casa das Insuas, en Rábade, sede da asociación Custodia do Territorio, adicada á xestión e defensa de 107 hectáreas, 5 quilómetros ao longo do río Miño que conta  cunha grande riqueza en especies forestais. A candidata nacionalista detacou o labor da asocición, sobre todo nuns días nos que se  rexistraron en Galiza importantes incendios, mesmo en espazos protexidos  dos que dixo,  hai responsábeis persoais pero tamén “hai  unha responsabilidade política”.

Pontón explicou que  “os incendios se apagan en inverno” e engadiu que ao seu xuízo, non é de recibo  que “ano tras anos teñamos incendios cun impacto maior sobre os espazos protexidos, as propiedades e vivendas”. Nesta situación, explicou, ten responsabilidade un goberno “irresponsábel” que incluso eliminou algunhas das medidas adoptadas polo BNG no goberno  bipartito como maiores franxas de protección de vivendas e estradas. O PP fixo a política contraria e dende o BNG hai unha prioridade, “o noso monte é unha riqueza e pode xerar moito emprego”.

Comentarios