O BNG reclama ao xuíz do caso Alvia que cite a declarar á Axencia Ferroviaria Europea

Ana Pontón pide que o goberno español pida perdón polas vítimas de Angrois, como fixo co YAK 42, e que os responsábeis políticos que recortaron a seguridade no tren galego “paguen por ese erro".

Rolda de prensa Ana Pontón e Ana Miranda
photo_camera Rolda de prensa Ana Pontón e Ana Miranda

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a representante da formación frentista no Parlamento europeo, Ana Miranda, compareceron esta sexta feira para dar conta do debate que terá lugar o 25 deste mes na Comisión de Peticións do Parlamento europeo, unha cita á que asistirán responsábeis de seguridade ferroviaria da Comisión Ferroviaria  Europea (ERA) e o seu  director Jofer Dopplbauer após cuestionar o informe remitido polo Estado español, Adif e Renfe da investigación do  accidente de Angrois.

Miranda explicou que o BNG conseguiu en Bruxelas a terceira rolda de reunións coa Axencia Ferroviaria Europea para tratar o accidente do Alvia e anunciou que a Asociación de vítimas de Angrois achegará nova documentación para abrir novas liñas de investigación que esclarezan  definitivamente  o ocorrido

Afirmou que a Axencia Ferroviaria Europea cuestionou “o Estado español, o Goberno, RENFE e Adif” ao detectar “falta de independencia dunha investigación ” da que facían parte empresas públicas implicadas no accidente ferroviario. A isto engádese que a Asociación de Vítimas non tivo ningunha oportunidade de “ser escoitada”, polo que o BNG pedirá dende Bruxelas a “comparecencia dos directivos da Axencia Ferroviaria Europea no xuízo de Angrois”.

De por parte, Ana Pontón insistiu na necesidade de seguir investigando e lamentou que a Asociación de Vítimas teña que seguir “peregrinando" a Bruxelas ante a insensibilidade dun goberno que non “escoita ás familias e afectad@s”. Para a portavoz nacionalista, é mester que se asuman responsabilidades polo que apelou a crear comisións de investigacións nos parlamentos galego e español e esixiu que o goberno español “pida perdón polas vítimas de Angrois ao igual que fixo coas vítimas do Yak 42

Comentarios