O candidato destituído por Ciudadanos acusa o partido de “ningunear” os cargos eleitos

Continúa a polémica arredor de Ciudadanos na Galiza. Antonio Rodríguez, cabeza de lista de Ciudadanos pola Coruña e deputado no Congreso, que foi apartado como candidato, acusa a formación de “ningunear” os cargos eleitos e advirte de que “tomará medidas” se non o restitúe como nº1.

Antonio Rodríguez Ciudadanos Imaxe Radio Galega
photo_camera [Imaxe Radio Galega] Antonio Rodríguez

Antonio Rodríguez, o número 1 de Ciudadanos pola Coruña e deputado no Congreso que foi apartado pola organización, acusou o partido de “ningunear” os cargos eleitos e advertiu de que “tomará medidas” se non o restitúen no cargo.

Desta maneira respondeu Antonio Rodríguez a Fran Hervías, secretario de Organización, quen sinalou que o anterior cabeza de lista pola Coruña “non soubo explicar ou non leu” o programa electoral. Antonio Rodríguez acadou certa notoriedade após non saber citar ante un medio de comunicación ningunha proposta do programa electoral para Galiza.

Antonio Rodríguez apuntou que “non podes quitar alguén que é deputado dunhas listas nas que foi avalado hai un ano

 Así, nunha rolda de prensa que ofreceu na tarde do sábado, Antonio Rodríguez apuntou que “non podes quitar alguén que é deputado dunhas listas nas que foi avalado hai un ano, non se fixeron de novo primarias” e advertiu de que as palabras de Hervías tratan de “xustificar o inxustificábel”.

O parlamentar de Ciudadanos pola Coruña dixo sentirse “defraudado” e culpou o partido de “abrir unha caixa de tronos” que pode danar o partido na Galiza.

Comentarios