Y. C. 20/xan./22 - 13:48 Actualizado: 20/xan./22 - 14:32 Seguinte chevron_right A crise económica fica como o primeiro problema a nivel estatal no barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xaneiro, mentres que, erguido pola vaga de contaxios provocada pola variante Ómicron, o coronavirus ascende á segunda posición. En concreto, os problemas económicos son mencionados en 34,5% dos cuestionarios, dúas décimas menos que no mes anterior, mentres que a Covid figura en 32,7% dos mesmos, subindo 2,3 puntos a respecto de decembro. Colócase así como segunda preocupación estatal, unha posición que non ocupaba desde o pasado mes de maio, aínda que entón aparecía mencionada como un problema en 41,6% das enquisas. O ascenso do coronavirus fai caer ao paro á terceira praza da clasificación, con 32,2%, cinco puntos menos que no barómetro anterior. Estimación electoral Por outra parte, o CIS presenta unha nova actualización do seu barómetro electoral, que deixa uns resultados moi semellantes aos de decembro de 2021, co PSOE á cabeza con 28,5% dos votos (+0,5%), seguido do PP, con 21,5% (+0,7%). O BNG mantén os apoios que as persoas enquisadas ofreceran en decembro, 0,6% do total dos sufraxios do Estado, o que supón unha décima máis que nas eleccións xerais de 2019, polo que este resultado permitiría que a formación nacionalista manteña o seu escano en Madrid. No que atinxe á valoración de líderes políticos, Yolanda Díaz é a mellor valorada, cunha nota de 4,82, seguida de Pedro Sánchez, con 4,34; Íñigo Errejón, de Más País, con 4,05 puntos; Inés Arrimadas, de Ciudadanos, con 3,59; o líder do PP, Pablo Casado, con 3,37, e o presidente da formación de ultradereita Vox, Santiago Abascal, con 2,88. En resposta á pregunta sobre a que líder político ou política votaría nas vindeiras eleccións xerais, tomando como refrencia o voto nas eleccións de novembro de 2019, Pedro Sánchez (20,5%) e Yolanda Díaz (15,7%) lideran a nivel global. Sánchez é o candidato favorito das e dos votantes de PSOE, PNV, PRC, Junts e Coalición Canaria —malia que estas formacións rexistran un alto grao de respostas á pregunta da enquisa de "ningún dos candidatos propostos"—, mentres Díaz lidera entre o electorado de UP, ERC, BNG e Bildu. Resulta paradigmático o caso de Más País, a única formación de alcance estatal cuxo electorado prefire outro líder político —Yolanda Díaz, 43,2%— diferente do da súa propia formación —Íñigo Errejón, 35,5%—. Etiqueta eleccións CIS enquisa Estado español Seguinte chevron_right
POLÍTICA Yolanda Díaz anuncia un acordo entre PSOE e Sumar para derrogar a Lei mordaza Redacción 16/xul./24 10:25
POLÍTICA Rueda afirma que non vai "tolerar" que non se aproveiten os recursos mineiros da Galiza X. M. P. 15/xul./24 20:23
POLÍTICA Galiza Nova presenta a súa nova imaxe para "adaptarse aos novos tempos" e continuar cun "cambio imparábel" Redacción 15/xul./24 13:16
POLÍTICA O BNG urxe o Goberno a "actuar" e recuperar como espazo público a illa viguesa de Toralla Redacción 15/xul./24 12:38 Un cento de persoas maniféstanse en Vigo para recuperar a illa de Toralla como espazo público
Xustiza Estes son os oito xuristas pactados por PP e PSOE para o novo CXPX que teñen que pasar o 'exame' das Cortes Redacción 15/xul./24 9:18
POLÍTICA O PSdeG critica ao PP por oporse a gratuidade dos libros de texto Redacción 14/xul./24 18:38
POLÍTICA Menor elixido presidente do PP de Ourense entre loanzas de Feixoo e Rueda a Baltar Redacción 13/xul./24 17:53