Dirixentes de ERC piden por carta a Junts "sumar esforzos" e negociar unha investidura co PSOE

Os asinantes volveron exixir a amnistía e a autodeterminación e avogaron por "dar resposta ás necesidades da xente", en cuxo marco insistiu no traspaso integral de Rodalies (servizo de cernanías) e a reforma do financiamento.
Junqueras, Aragonès e Rufián en rolda de prensa (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
photo_camera Junqueras, Aragonès e Rufián en rolda de prensa (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).

A cúpula de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) reclamou a Junts nunha carta "sumar esforzos" para negociar co PSOE unha investidura á Presidencia do Goberno e, así, evitar a repetición electoral e alcanzar un bo acordo para Catalunya.

A misiva, publicada na diario Ara, asínaa o presidente da Generalitat, Pere Aragonès; o presidente do partido, Oriol Junqueras; a secretaria xeral, Marta Rovira, e o candidato ao Congreso por Barcelona, Gabriel Rufián.

Tamén a portavoz, Marta Vilalta; o presidente do grupo republicano no Parlament, Josep Maria Jové; a número 2 na lista por Barcelona, Teresa Jordà; a senadora por Lleida Sara Bailac e o secretario adxunto Juli Fernández.

Os asinantes volveron exixir a amnistía e a autodeterminación e avogaron por "dar resposta ás necesidades da xente", en cuxo marco insistiu no traspaso integral de Rodalies (servizo de cernanías) e a reforma do financiamento.

Defenderon que "a negociación co Estado debe continuar" tras reivindicar os acordos alcanzados na mesa de diálogo e medidas como o aumento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), as pensións ou o tope aos alugueiros.

"Cantos máis sexamos, máis capacidade teremos de negociar cousas. Se todos remamos na mesma dirección, somos moito máis fortes", sostiveron.

Volvelo facer

Os republicanos lembraron que "o PSOE non ten ningunha maioría alternativa", polo que ven os catorce deputados independentistas no Congreso como unha panca que instaron a aproveitar.

"O PSOE debe ser consciente que se quere gobernar o seu país, deberá respectar o noso", advertiron, e tacharon unha repetición electoral de ser -textualmente- unha segunda oportunidade á ultradereita.

Aínda que defenderon que queda moito por facer para abordar o conflito político, enmarcaron os indultos e a reforma do Código penal na súa reivindicación da independencia: "En definitiva, para reducir a capacidade represiva para o momento no que o volvamos tentar".

Comentarios