Feijóo comparecerá ante a comisión das caixas

O pleno do Parlamento, o primeiro ordinario da lexislatura, aprobou por unanimidades a proposta de creación da comisión investigadora proposta polo PP, grupo que votou en contra doutra petición case idéntica formulada polo PSdeG.
Feijóo, presidente da Xunta
photo_camera Feijóo, presidente da Xunta

O voceiro do grupo popular, Pedro Puy, confirmou a comparecencia de Alberto Núñez Feijóo no organismo investigador. O voto dos populares desbloqueou así unha proposta que pospuso nos últimos meses da pasada lexislatura, despois de que en agosto pasado o hemiciclo dera luz verde á creación da comisión. A súa formalización chega 14 meses despois de que a oposición comezara a solicitala, como recordou o voceiro do PSdeG, Abel Losada. “Non é sen tempo”, ironizou o parlamentario socialista.

Os traballos da comisión non se iniciarán ata febreiro debido ás vacacións parlamentarias, motivo polo que o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, solicitou, sen éxito, habilitar o mes de xaneiro para comezar canto antes a investigación. Jorquera reclamou unha comisión ao estilo “islandés”, que permita “depurar responsabilidades políticas”, además de esclarecer “cómo foi posible que as caixas se convertesen en terreos particulares” dos exdirectivos. Xosé Manuel Beiras, de AGE, urxiu unha solución para o colectivo dos estafados polas participacións preferentes. “Se non se toma unha decisión inmediata, a súa acción cos cidadáns será criminal”, acusou.

Na sesión de hoxe tamén se debateu unha proposta do BNG sobre a conversión de Novagalicia Banco nunha “entidade pública de crédito dependente dos poderes públicos galegos”. Na súa defensa, Carlos Aymerich reivindicou que Galicia necesita “un sistema financieiro propio” e demandou dos poderes públicos a mesa vontade política que a chanceler alemá, Angela Merkel, demostrou co sistema alemán de bancos públicos territorializados. A iniciativa contou co apoio de AGE, en tanto que o BNG rechazou a enmenda presentada polo PSdeG e o PP adiantou o seu voto en contra.

Comentarios