Filipe VI pon en marcha a nova sesión de investidura ao convocar os partidos para os días 24 e 25

El-Rei toma nota dos avanzos nas conversas entre o PP e o PSOE e convoca unha nova rolda de contactos cos portavoces das forzas políticas para os días 24 e 25.

Rajoy
photo_camera Rajoy, na falida investidura após o 26X

Co calendario na man, o presumíbel é que a primeira sesión da nova investidura sexa a quinta feira 27 de outubro

Ese día Rajoy non será investido porque non contará con maioría absoluta. O seu nomeamento podería chegar na segunda sesión, a se realizar os días 29 e 30, se finalmente o PSOE decidir no seu comité federal absterse nesa votación definitiva.

O 31 de outubro é o día tope. De se chegar a el sen ningún candidato investido, a disolución das Cortes Xerais do Estado sería imediata e as eleccións ficarían convocadas para o 18 de decembro.

Ese escenario é o menos probábel. Neste momento ninguén pon en dúbida que o PSOE entregará no mínimo as 11 abstencións que Rajoy precisa para un novo mandato na Moncloa.

Comentarios