Máis un ano, a solidariedade c@s pres@s independentistas reflexouse nas rúas de Compostela

Máis de 200 persoas mostran na cadea humana organizada por Ceivar a súa solidariedade c@s sete pres@s independentistas galeg@s

Máis de 200 persoas volveron, máis un ano, a reunirse na véspera do Día da Patria en Compostela, para amosar a súa solidariedade cos e coas presas independentistas galegas. A cadea humana organizada por Ceivar partiu da Praza da Galiza pasadas as oito do serán para percorrer a Virxe da Cerca nunha longa ringleira e finalizar na Praza do 8 de Marzo. Un forte desplegue policial estivo en todo momento seguindo moi de perto a mobilización, aínda que sen caer en provocacións que noutros anos eran ben visíbeis.Quizás constribuise a iso a presenza de observadores de Esculca

Familiares d@s pres@s, amig@s, compañeir@s e solidari@s quixeron, por quinto ano consecutivo, ter presente aos e ás encarceradas ás portas dun 25 de xullo.

As fotos de Antom Santos, María Osorio, Teto Rodríguez, Eduardo Vigo, Santi Vigo, Telmo Varela e José M. Sánchez protagonizaron a lembranza, nunha mobilización na que foron constantes as palabras de orde pedindo a liberdade d@s independentistas:"Pres@s á rúa, a loita continúa", "Liberdade patriotas galeg@s" ou "@s pres@s agora, queremos vel@s fóra". 

Esculca
Collid@s das mans, @s participantes na cadea humana desfilaron ao longo da rúa Virxe da Cerca, perante a curiosidade e o abraio d@s turistas que nestes días teñen tomada Compostela. Na mobilización tamén puido comprobarse a solidariedade para c@s pres@s de cidadás de Euskal Herria e da Bretaña.

 Vari@s observador@s de Esculca seguiron en todo momento a cadea humana. Como manifestou unha delas, Laura Bugallo, coa súa presenza procurábase, por unha parte, comprobar que as forzas de seguridade cumprían coa legalidade que lles exixe estar identificados, así como tomar nota de posíbeis abusos de autoridade e garantir que se respatase o dereito de manifestación. Por outro, facer unha labor de interlocución en caso de ser preciso. Non o foi.
 
Mais a cadea humana non é o único dos actos organizados co gallo do Día da Patria na que o colectivo de pres@s independentistas estará presente. A rondalla da bandeira ou a manifestación de Causa Galiza tamén terán unha lembranza para @s sete galeg@s encarcerad@s en prisións españolas.
 

Comentarios