En Marea insta a Xunta a “pasar á vía xudicial” para recuperar o Pazo de Meirás

O anuncio por unha inmobiliaria da posta á venda do Pazo de Meirás desmonta a “teoría do globo sonda”  mantida polo goberno galego e obriga a Xunta a dar un paso á fronte. Esta é a postura de En Marea, que a través do seu portavoz parlamentar, Antón Sánchez, afirma que “considera urxente que o Goberno galego mova ficha dunha vez por todas”.

Para Sánchez, se a Xunta quer verdadeiramente  recuperar o Pazo de Meirás para o público, a vía necesaria “ pasa pola vía xudicial para que se declare nula a fraudulenta simulación de venda tal e como xa apuntou En Marea e o goberno de Sada esta mesma semana”.

“Nestes momentos a pasividade é unha vantaxe para os Franco e a Xunta tennos acostumados a este non facer e servir de parapeto da familia Franco. Compre que abandone esa actitude e se poña do lado da democracia” criticou o parlamentar.

Comentarios