Eleccións Europeas 9-X

Minuto a minuto: así foi o debate da CRTVG para as eleccións ao Parlamento Europeo

PSdeG, PP, BNG, Sumar e Ciudadadanos debaten coa vista nos comicios do próximo 9 de xuño.
Debate das eleccións europeas na CRTVG (Foto: Arxina).
photo_camera Debate das eleccións europeas na CRTVG (Foto: Arxina).
 Actualizar
11.20

Remata o debate da CRTVG para as eleccións ao Parlamento Europeo

11:16 Nicolas González Casares (PSdeG): "Cando a dereita toma o timón as crises supéranse con recortes".
11:15 Francisco Millán Mon (PP): "O PP é un partido moderado e centrado".
11:14

Ana Miranda (BNG): "Mentres uns teñen liortas pola Moncloa, o BNG céntrase nos problemas da sociedade galega".

11:12 Juan Díaz Villoslada (Sumar) remata o debate apelando a unha "Europa integradora".
11.10

Javier Nart (Ciudadanos) introduce Carles Puigdemont ao final do debate.

11:08

Nicolas González Casares (PSdeG): "Necesitamos camiña na solución dos dous Estados para Palestina".

11:06

Nicolas González Casares (PSdeG): "A Rede Natura incumpre a normativa de hábitats".

11:05

Juan Díaz Villoslada (Sumar): "Que pasou coas reivindicacións do Sáhara? De repente pasaron a un caixón".

11:02

Juan Díaz Villoslada (Sumar): "Non é admisíbel que o PP fale de defensa da vivenda pública, cando están incumprindo de forma sistemática a lei estatal de vivenda".

11:01

Francisco Millán Mon (PP): "Necesitamos máis defensa europea e incrementar o investimento".

10:59

Francisco Millán Mon (PP): "Se alguén ten compromiso coa vivenda é o PP".

10:57

Ana Miranda (BNG): "Queremos unha Europa máis social, non pode ser que se gaste máis en armas cando se precisan medidas sociais, cando os mozos e as mozas da Galiza reciben mensaxes nas que se lles denega a axuda para o aluguer".

10:55

Ana Miranda (BNG): "Non estamos falando das principais preocupacións da cidadanía europea, que son o traballo e a pobreza, as cousas de comer".

10:54

Javier Nart (Ciudadanos): Isto non vai de Feixoo ou Sánchez. Isto vai de Europa. Esta tensión na Unión Europea non existe. O grupo popular, o socialista e o liberal chegamos continuamente a acordos, e funciona.

10:52

Ana Miranda (BNG): "O PP na Galiza está na lista negra, xunto con Bulgaria, na execución do financiamento".

10:51

Ana Miranda (BNG): "Os cartos da UE teñen que servir para despregar as novas tecnoloxías. Este domingo na Ulloa non había cobertura de internet, e mentres tanto queren instalar alí unha macrocelulosa do século pasado".

10:50

Ana Miranda (BNG): "O BNG defende que os fondos de cohesión sexan empregados para sanear as rías. Non hai máis que ir a Carril, a Muros ou a Noia para ver como están as rías e como sofre o sector marisqueiro".

10:47

Juan Díaz Villoslada (Sumar) a Nicolas González Casares (PSdeG): "Boteille de menos na manifestación en Palas de Rei contra Altri. Non é o modelo que Sumar vai defender".

10:45

Nicolas González Casares (PSdeG): "O PP igualase coa ultradereita. No Estado español xa os paramos".

10:43

Nicolas González Casares (PSdeG): "A Xunta enganou os galegos e as galegas con Altri, presentou un proxecto e agora e outro. Entendo que a xente se manifeste, mais imos ser rigorosos con este proxecto".

10:39

Javier Nart (Ciudadanos): "Estamos nun Estado federal mais con outro nome".

10:38

Francisco Millán Mon (PP) critica a asignación dos fondo Next Generation por parte do Goberno español.

10:33

Juan Díaz Villoslada (Sumar): "Non sei como se pode culpar o lobo dos problemas do sector primario".

10:29

Francisco Millán Mon (PP): "Loitamos contra a deriva ambientalista radical".

10:28 Nicolas González Casares (PSdeG): "A Política Agrícola Común pódese mellorar e tense que mellorar. Mais a agricultura galega non se pode entender sen a PAC".
10:27

Nicolas González Casares (PSdeG): "A nosa pesca ten sufrido moito, hai que reformar a política pesqueira común".

10:25

Nicolas González Casares (PSdeG): "Mentres nós loitabamos por regular o mercado eléctrico coa excepción ibérica, o PP loitaba contra esta medida".

10:23 Javier Nart (Ciudadanos): "Estou farto dos ecoloxistas de pandeireta".
10:22 Ana Miranda (BNG): "Galiza está profundamente discriminada en temas de pesca, ten que ser unha zona altamente dependente nesta materia".
10:19

Ana Miranda (BNG) e Nicolás González Casares (PSdeG) protestan por non poder acabar a súa quenda no primeiro bloque do debate.

10:16

Javier Nart (Ciudadanos), nado en Cantabria e que non reside na Galiza, fai a súa primeira intervención no debate, en castelán.

10:13

Juan Díaz Villoslada (Sumar) pide ao PSdeG que aclare a súa postura sobre Altri.

10:11

Ana Miranda (BNG) defende as iniciativas do BNG contra proxectos como as minas de Corcoesto ou San Finx, e reivindica a oposición á factoría de Altri.

10:10

Ana Miranda (BNG): "Nunha televisión normal este debate sería en horario de máxima audiencia".

10:04

O representante do PSdeG, Nicolás González Casares, critica o horario do debate.

10:01

O presentador presenta e saúda a representación de todos a forzas presentes: PSdeG, PP, BNG, Sumar e Ciudadadanos.

 Actualizar

Comentarios