A PRECAMPAñA

O PACMA desbota ir con Podemos ás xerais porque a formación de Iglesias “continúa apoiando a tauromaquia”

O PACMA irá en solitario o 26X. Así o confirmou o partido animalista esta quinta feira através dun comunicado co que saía ao paso de informacións publicadas en distintos meios segundo as cales estaría a valorar a hipótese de confluír nunha candidatura conxunta con Podemos e Izquierda Unida.

pacma

No comunicado, pendurado no seu web, o PACMA critica que Podemos “en distintas rexións, continúa apoiando a tauromaquia, non tocou as leis de caza, continúa a sacrificar animais nas canceiras e o seu líder, Pablo Iglesias, ten dito que non pedirá a prohibición das touradas”.

O 20D, o PACMA obtivo un total de 220.369 votos ao Congreso, mentres que as súas candidaturas ao Senado se alzaron con case un millón de sufraxios.

A formación animalista enfatiza, portanto, que continuará mantendo a súa “independencia”  e que “non venderá os dereitos dos animais por un escano”.

Comentarios