Eleccións Europeas 9-X

Paula Prado pide o voto para ter "forza en Europa" e dicir a Sánchez "xa abonda"

Francisco Millán Mon insiste no papel da Galiza como "primeira rexión pesqueira de Europa".
O PP mantivo esta sexta feira un encontro con representantes da lonxa da Coruña. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O PP mantivo esta sexta feira un encontro con representantes da lonxa da Coruña. (Foto: Nós Diario)

A secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, pediu esta sexta feira o voto da cidadanía para que a formación popular "teña forza en Europa" e tamén para dicir ao presidente español, Pedro Sánchez, que "xa abonda", en alusión a decisións como a amnistía.

Fíxoo nunha visita á lonxa da Coruña xunto aos candidatos Francisco Milllán Mon e Pablo Gómez Cedrón, así como o líder do PP local da Coruña, Miguel Lorenzo, entre outros.

"Quedar na casa é avalar a amnistía, a Lei do só si é si", sostivo, en declaracións aos xornalistas nas que asegurou que o presidente Sánchez, busca "converter estas eleccións en se se apoia ou non" á súa persoa.

Por outra parte, con motivo do seu encontro co sector na lonxa da Coruña, manifestou que o PP é o "partido da pesca", cuestión que argumentou salientando que defenderon en Europa "os intereses" do sector.

Mentres, Francisco Millán Mon insistiu no papel da Galiza como "primeira rexión pesqueira de Europa". "Queremos un comisario específico só para a pesca", recalcou, ademais de aludir ao labor dos populares no ámbito comunitario.

Comentarios