O salario mínimo establecido no Estado español para os traballadores do sector privado e dos contratados
da función pública "non garante un nivel de vida digno", segundo sinalan as conclusións do Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa, que evalou o cumprimento da Carta Social Europea e do seu protocolo adicional, ambos asinados polo Goberno de Madrid, que agora é acusado de incumprilos por cuestións como a precariedade laboral
.
Na súa análise sobre España, o Comité conclúe que a situación non está conforme co recollido no artigo 4 da Carta de 1961, xa que "o salario mínimo dos traballadores do sector privado non garante un nivel de vida digno", algo que tamén é aplicable para "o persoal contratado na función pública".
Así mesmo, o Comité do Consello de Europa conclúe que o Estatuto dos Traballadores non garante no Estado un incremento da remuneración ou do tempo de libranza polas horas extras.
Por outra banda, as conclusións do informe sosteñen que a situación en España non é conforme ao contemplado no artigo 4.4 da Carta de 1961 ao considerar que o preaviso esixido nos contratos de traballadores indefinidos e temporais "non é razoable" en distintos casos, incluíndo o despedimento cando un contrato expira ou os seus obxectivos foron alcanzados, así como tampouco pola liquidación dun empleador que é unha persoa xurídica.