A folga de Lantero remata aos 118 días sen ningún traballador despedido

A factoría arousá volverá á actividade após un longo conflito que chega ao fin coa readmisión dos 46 operari@s que ían quedar sen o seu posto, se ben a empresa aplicará un ERTE.

COMISION LANTERO CARTELES
photo_camera Cartel de Lantero.

Após 118 días en folga @s traballadores da factoría de Lantero, en Vilagarcía, decidiron este sábado en asemblea e por ampla maioría ratificar o preacuerdo ao que chegaron co comité de empresa e a dirección da firma, o que pon fin a un dos conflitos laborais máis longos vivido en Galiza.

Segundo explicou á axencia de noticias Europa Press o presidente do comité de empresa de Lantero, Jesús López, o acordo contempla a principal das reivindicacións dos traballadores desde o inicio da folga: que ningún d@s traballadores fose despedido. A empresa readmitirá de inmediato aos 56 operari@s que despediu en xaneiro así como ao propio presidente do comité de empresa, despedido neste caso por motivos disciplinarios.

Empresa e traballadores chegaron ao acordo de que as 18 baixas que a dirección da empresa considera imprescindibéis sexan liquidadas mediante baixas incentivadas voluntarias e prexubilacións. Outro dos puntos acordados é que a empresa aplicará durante un período de 21 meses un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que poderá afectar, como máximo, a seis meses por traballador.

Comentarios