internacional

Sinn fein irlanda
INTERNACIONAL

As enquisas sinalan un incremento de apoios ao Sinn Féin tras a detención de Gerry Adams

O partido republicano superaría o 20% dos votos e obtería representación en todas as circunscrición da illa, nas 3 da República e na do 'Ulster'. Entre os políticos irlandeses, Adams é o que mellores valoracións recebe.

Museo de Lugo
CULTURA

Portas abertas, noites blancas e festa para conmemorar o Día Internacional dos Museos

Os museos abren as súas portas con actividades especiais encamiñadas á conmemoración do Día Internacional dos Museos que se festexa en boa parte do mundo o próximo domingo día 18. Actividades especiais e gratuítas durante toda a semana e unha xornada de festa en cada un dos museos do país. 

escoica2
INTERNACIONAL

Presentan a iniciativa “Solidarity with Scotland” fronte á campaña británica contra a independencia

O seu sitio web promove o envío de mensaxes de apoio e solidariedade coa “Escocia do YES” a seis meses do referendo. Os e as promotoras denuncian o aliñamento do Goberno español e dirixentes da UE con Londres.

INTERNACIONAL

O independentismo fica a 3 escanos de gañar as eleccións en Nova Caledonia

O Parlamento deste arquipélago do pacífico baixo soberanía francesa ten que decidir, por maioría cualificada e antes de 2018, se organiza un referendo de independencia.

mapuches
INTERNACIONAL

Pres@s mapuches en folga de fame para que Chile deixe de aplicar a Lei anti-terrorista de Pinochet

O protesto trae a primeiro termo a aplicación 'indiscriminada' por gobernos chilenos de dereitas e centro esquerda da lei anti-terrorista, vixente desde a ditadura de Pinochet, contra este pobo indíxena.

Gerry Adams
INTERNACIONAL

A Policía consegue 48 horas máis para interrogar a Gerry Adams

Os republicanos consideran que esta prórroga confirma o 'transfondo político' da detención e alertan do impacto no proceseo do paz. E advirten que o republicanismo podería reprantexarse o seu posicionamento sobre o PSNI, a policía dos 6 condados.

odesa
INTERNACIONAL

O incendio do edificio dos sindicatos en Odesa provoca 38 mortes

O lume xerouse esta sexta feira durante os enfrontamentos entre tropas ucraínas e rebelde pro-rusos que tiveron lugar nunha xornada de ofensiva das tropas de Kiev no leste de Ucraína. 

alaska
INTERNACIONAL

Alaska outorga status oficial a 20 linguas indíxenas

O recoñecemento, porén, non implica obriga algunha para as administracións de empregar eses idiomas. Alaska é o segundo estado, tras Hawai, dos EUA en recoñecer linguas nativas.

sinn fein irlanda eire
INTERNACIONAL

As enquisas apuntan a un histórico triunfo do Sinn Féin na República de Irlanda o 25M

O veterano partido republicano sería o máis votado nas circunscricións de Eire. O Sinn Féin fai campaña cun discurso nacionalista e de esquerdas, presentándose como únicos garantes dunha verdadeira soberanía da Illa.

Ucraína
INTERNACIONAL

Horas de máxima tensión en Ucraína

Washington eleva o nivel de advertencia a Rusia: ''Estamos preparados para actuar''. Kiev intensifica as operacións militares contra os rebeldes. Moscú realiza manobras militares na fronteira.

cornualles
INTERNACIONAL

Reino Unido recoñece o pobo de Cornualles como minoría nacional

Sitúa a este pequeno país no sudoeste da illa o nivel de galeses, escoceses e irlandeses. O partido córnico Mebyon Kernow cualifica a decisión de ''fantástica'' polo que supón de que Londres recoñece que non son ingleses.

sermos (1)
COMUNIDADE SERMOS

Sermos Galiza celebra o Día Internacional do Libro pondo a metade de prezo os seus epubs

Sermos Galiza está de aniversario, cumpre 2 anos este 26 de Abril, e precisamente nesta mesma semana unínomos tamén á celebración do Día Internacional do Libro, através da nosa loxa.

universidade glasgowescocia
INTERNACIONAL

Universidades e empresas escocesas abandonan a patronal por apoiar o 'non' á independencia

A Confederation of British Industry (CBI) decidiu sumarse á campaña contra a independencia de Escocia. Un paso que provocou que empresas, organismos públicos escoceses se desen de baixa.

Atlas na cima da Fundación Granell
CULTURA

Os museos “liberan libros” polo Día Internacional

O Museo Fundación Eugenio Granell, o CGAC, o Marco, o de Peregrinacións ou o de Belas Artes da Coruña son algúns dos centros de arte que participan nunha acción internacional de bookcrossing no Día Internacional do Libro. 

Donetsk ucraina
INTERNACIONAL

Forzas ucraínas matan 3 rebeldes, feren 13 e deteñen 63 na cidade de Mariupol

É o incidente máis grave desde que Kiev iniciase a operación militar no leste do país. EUA advirte a Rusia con ''máis sancións''.

ucraina
INTERNACIONAL

Os rebeldes toman novos edificios no leste ucraíno en resposta á intervención de Kiev

O exército ucraíno toma un aeródromo (Kramatorsk) e cerca unha cidade (Slaviansk) nas primeiras horas do que KIev cualifica de "operación anti-terrorista". Os rebeldes responderon tomando novos edificios gobernamentais, como a casa do concello de Donetsk. A OTAN xa anuncio un 'reforzo militar' en Europa oriental.

ucraina
INTERNACIONAL

Kiev comeza con tanques e tropas a ofensiva ''contra os bandidos, invasores e terroristas''

A operación militar arranca na localidade de Kramatorsk para estenderse a outras cidades. Algunhas axencias falan de enfrontamentos e varios falecidos. ''Estamos ao bordo da guerra civil'', recoñece o primeiro ministro ruso.

ucraina rusia
INTERNACIONAL

A revolta dos federalistas esténdese a novas cidades malia vencer o ultimato de Kiev

O ultimato dado por Kiev venceu a primeira hora da segunda feira. O  presidente ucraíno, Alexandr Turchínov, asinou o decreto que autoriza a intervención do exército mais tamén propón a realización dun referendo sobre a fórmula territorial a adoptar. A consulta sería a nivel de toda Ucraína.

uvraina
INTERNACIONAL

Os rebeldes pro-rus@s desafían o ultimato de Kiev e non abandonan os edificios

O goberno ucraíno concentrou tropas das forzas armadas no leste de Ucraína. Deu até as 8:00 horas aos rebeldes pro-rusos para que deixen os edificios gobernamentais que ocuparon nestes días. De non facelo, advirten, intervirá o exército. Mais @s ocupantes non deixan as instalacións e din que alí seguirán.

Donetsk ucraina
INTERNACIONAL

Kiev ofrece máis autogoberno ás rexións do leste en troques de poñer fin ás revoltas

Ocupantes de edificios gubernamentais barallan proclamar a República de Luhanks, seguindo os asos do territorio de Donetsk.