Eleccións Europeas 9-X

Nicolás González Casares apela a votar “polo futuro da Europa que queremos”

O candidato do PSdeG animou a participar após votar en Lalín.

NICOLAS
photo_camera Nicolás Gonzñalez votando en Lalín (Foto: Nós Diario)

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, depositou o seu voto en Lalín (Deza), onde salientou a importancia do voto para decidir  “o futuro da Europa que queremos” e para reforzar o “proxecto máis grande na historia de paz e de democracia”.

Casares animou a cidadanía a achegarse aos colexios electorais e defender o proxecto de “prosperidade e liberdade” que representa Europa.

Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, animou a votar “por unha Europa forte, fronte a quen pretende destruíla”.

Así o dixo logo de exercer o dereito ao voto ás 09:30 horas no seu colexio electoral do CEIP Rosalía de Castro, de Lugo, onde animou a “desfrutar da votación das eleccións europeas” cando quedan “horas por diante” de xornada.

O responsábel socialista sinalou que “votar por Europa é votar por nós”, sinalando a relevancia das institucións comunitarias, “moi presentes nas nosas vidas”, e salientou que “o que pasa en Europa nos afecta directamente”.

Comentarios