mobilidade

Tren S106 de Renfe. (Foto: Europa Press)
Mobilidade

Xa á venda os billetes para os novos trens 'low cost' da Galiza a Madrid

Na Galiza, a nova oferta comercial supón a implantación dun servizo Avlo diario de ida e volta, que alternará as súas orixes e destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid.
Carlos Cunha e Alfonso Rueda, esta terza feira, na sinatura do manifesto. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Asinado o manifesto polo tren Vigo-Porto, un proxecto "vertebrador"

O Eixo Atlántico rexeita apoiar o pacto escenificado esta terza feira en Valença.
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O Eixo Atlántico desmárcase do manifesto da Xunta sobre o tren Vigo-Porto: "É un sarao propagandístico"

A institución carga duramente contra o Goberno galego por intentar "posicionarse para reivindicar como propio un éxito e uns resultados xa garantidos e que son patrimonio de todos os colectivos, entre os que non se atopaba a Xunta, que os defenderon".
Tren Avlo de baixo custo de Renfe que inaugurou a liña Murcia-Madrid o pasado 10 de decembro de 2023. (Foto: Edu Botella / Europa Press).
Mobilidade

Renfe vende máis de 100.000 billetes do programa 'Verán Mozo' en tres días e triplica as cifras de 2023

'Verán Mozo' é unha iniciativa para que usuarios e usuarias de entre 18 e 30 anos poidan viaxar con descontos por todo o Estado español e o resto de Europa entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2024.
besteiro
POLÍTICA

Besteiro esixe á Xunta que as autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor sexan gratuítas

Reclama ao Goberno galego que aplique ás dúas vías de peaxe de titularidade autonómica o mesmo que pide para as dous estatais

Decenas de persoas agardando na estación de Vilagarcía esta mañá. (Foto: Europa Press)
Mobilidade

Unha avaría nun tren entre Vigo e A Coruña obriga a desaloxar as pasaxeiras na estación de Vilagarcía

O revisor comunicoulles que unha avaría impedía continuar e que debían abandonar os vagóns para esperar a chegada doutro tren.
Un tren de Renfe de alta velocidade nunha imaxe de arquivo (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
Mobilidade

Renfe lanza este verán billetes a 5 euros para menores de 14 anos en AVE, Avlo e Longa Distancia

Os billetes poden retirarse desde esta quinta feira para traxectos entre o 28 de xuño e o 8 de setembro.

Para Madrid hai cartos, para Galiza non

Boa
POLÍTICA

O Estado fecha a porta a rescindir a Audasa a concesión da AP-9, que garantiría a gratuidade da autoestrada

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostíbel, Óscar Puente, rexeitou esta cuarta feira no Congreso español rescindir a Audasa a concesión da autoestrada AP-9. A negativa chega tras a apertura dun expediente sancionador ao Estado por parte da Comisión Europea, que considera ilegal a prórroga da concesión.
Unidade de ferrocarril de FEVE circulando por Viveiro, na comarca da Mariña. (Foto: Enrique Pernas).
Mobilidade

Denuncian que Renfe deixa Galiza con catro unidades de Cercanías Largo Métrico das oito destinadas ao país

"A resposta de Renfe é deixar o tramo Ferrol-Ribadeo sen as unidades necesarias, nin sequera para un funcionamento mínimo", censuran desde a Plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo.
Tren Avril na estación de Vigo-Urzaiz. (Foto: Europa Press)
Mobilidade

Tres días consecutivos de atrasos desde a estrea dos trens Avril

As pasaxeiras e pasaxeiros afectados esta quinta feira foron os do tren Avril que debía saír da estación madrileña de Chamartín ás 19.18 horas.
Tren Avril de Talgo. (Foto: Europa Press)
Mobilidade

Os atrasos na estrea dos Avril, o derradeiro capítulo da longa historia de incidencias do tren na Galiza

O segundo AVE Avril que circula pola Galiza saíu na mañá da cuarta feira con media hora de atraso debido a unha incidencia técnica "puntual" cunha porta. O día anterior, na estrea deste modelo de tren, o convoi acumulou dúas horas de atraso. Estas 'incidencias' na inauguración dos novos trens fan parte da paisaxe habitual ferroviaria na Galiza, onde os Media Distancia (MD) acumulan atrasos crónicos, falta de frecuencias e de prazas.
O primeiro AVE Avril con saída de Vigo, o desta terza feira, chegou a Madrid con dúas horas de atraso. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
SOCIAL

Segundo Avril, segundo atraso: o AVE de hoxe circula con media hora de atraso por unha incidencia técnica

O primeiro tren Avril na Galiza, o desta terza feira, estivo máis de dúas horas parado por unha incidencia no convoi, que se detivo a escasos metros da estación de Ourense.
O tren parado coas pantallas apagadas ás portas de Ourense. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
SOCIAL

Así foi a accidentada estrea do AVE Avril na Galiza: unha incidencia técnica mantivo o tren detido durante hora e media

O tren, con case 500 pasaxeiras a bordo, retomou a marcha dúas horas despois.
A autoestrada AP-9 ao seu paso por Tui. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

As formacións galegas demandan a transferencia da autoestrada AP-9

O ministro de Transportes afirmou que non ve "factíbel" o traspaso.
Óscar Puente, Alfonso Rueda, María Martínez e Diego Calvo, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
Crónica

Viaxe a bordo do Avril: a posta en marcha o 21 de maio dos trens S-106 abre un novo tempo

Unha viaxe co ministro de Transporte e Mobilidade Sostíbel, Óscar Puente, a bordo do Talgo Avril deu paso a unha fervenza de anuncios enmarcados no Plan Directorio do Corredor Atlántico, que prevé un investimento de 4.561 millóns de euros até 2030 en múltiples actuacións en trens, estradas, portos e aeroportos. O Avril reduce a viaxe desde A Coruña e Vigo a Madrid a 3 horas.
corredor atlantico
POLÍTICA

Puente anuncia un grupo de traballo para axilizar o investimento de 4.561 millóns de euros no Corredor Atlántico na Galiza até 2030

O Plan Director contempla destinar 3.355 millóns de euros no próximos seis anos a impulsar a infraestrutura ferroviaria, un dos alicerces da mobilidade sostible.

oscar peunte avril
POLÍTICA

O ministro Óscar Puente asegura que Galiza gaña prazas "e frecuencias" cos trens Avril e di que Avlo chegará "xa"

Son os novos trens de alta velocidade da serie 106 de Renfe, que Talgo entregou a finais de abril e que estarán operativos na Galiza desde a vindeira terza feira.

Proxecto de alta velocidade en Portugal. (Infografía: Nós Diario).
Mobilidade

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos no seu plan de alta velocidade

No documento publicado polo Consello de Ministros de Portugal non figura data para a posta en marcha da conexión entre Vigo e Porto, aínda que recentes estimacións do Ministerio de Infraestruturas luso fixaban o horizonte desta liña en 2032.

EuropaPress_5932542_conselleira_vivenda_planificacion_infraestruturas_maria_martinez_allegue
POLÍTICA

Principio de acordo para o aparcadoiro do Clínico de Compostela: estes son os detalles

O consenso chega tras meses de intercambios de propostas.