Tribunal Superior de Xustiza da Galiza

A portavoz do Goberno de Compostela, Míriam Louzao (Foto: Concello de Compostela).
Xustiza

Unha nova sentenza pon o foco na lexitimidade do Concello de Compostela para defender o dereito á vivenda

Segundo a doutrina do Tribunal Supremo, a intervención da normativa urbanística municipal nestes casos está lexitimada como canle para garantir a protección do dereito á vivenda digna e adecuada.
José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente del Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).
SOCIAL

O presidente do TSXG asume que a planta de Altri é "susceptíbel" de acabar xudicializada

Defende o maxistrado Luís Villares das críticas por paralizar eólicos e dá por "seguro" que a sentenza de Angrois se ditará este ano.
O presidente de Down Galiza, Delmiro Prieto, en rolda de prensa. (Foto: Down Galiza)
Xustiza

O TSXG dá a razón a Down Galiza: a Xunta terá que modificar as "discriminatorias" axudas para libros e material escolar

A sentenza "implica que se poña fin á discriminación á que durante os últimos anos estiveron sometidas as familias que optan pola escolarización en escolas ordinarias", celebra o presidente do colectivo, Delmiro Prieto.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Condenan o Sergas a indemnizar a familia dunha muller falecida por pancreatite no hospital de Pontevedra

O TSXG entende o dano moral causado á familia da paciente falecida como concepto  indemnizábel no caso.

Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

O TSXG anula a absolución do mozo de Nerea Añel por ser contraria ao veredicto do xurado

Os membros do xurado consideraron probado que o home estaba con Nerea a noite que ela desapareceu e, en concreto, que estaba con ela no momento no que sufriu unha caída e non lle prestou auxilio.
Polígono eólico na Serra do Suído. (Foto: N. B.).
Xustiza

O TSXG alcanza as 49 suspensións de parques tras paralizar outros seis por risco de "danos irreversíbeis"

O alto tribunal paraliza os proxectos Alvite II, Valdepereira, Coto Loureiro, Estivada, Piago e Feás.
Vehículo de Monbus (Foto: Nós Diario).
Xustiza

O TSXG rexeita suspender o expediente aberto a Alsa e Monbus por repartirse o mercado

A Comisión Galega da Competencia incoou o pasado ano un expediente sancionador contra dúas empresas, Monbus e Alsa, tras o auto do Tribunal Supremo que inadmitiu os recursos contra a sentenza que previamente determinara a existencia de indicios de repartición de mercado.
Explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Xustiza

O TSXG anula o permiso da Xunta á única mina de coltán de Europa polo risco ambiental e para a saúde humana

Os xuíces ven "insuficiente" o estudo de impacto ambiental no que se baseou o Goberno galego para autorizar a explotación.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

A Xustiza declara ilegal o cesamento do interventor do Concello de Ourense e ve probado o acoso do alcalde

O Xulgado considera probado que o alcalde, Gonzalo Pérez Xácome, acosou o interventor a través de manifestacións nos plenos e nas redes sociais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acendeu o alumeado de Nadal o pasado 24 de novembro. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Xustiza

Sentenza contra o Nadal de Vigo: o Concello deberá indemnizar unha veciña polo ruído

O TSXG estima parcialmente o recurso da demandante contra unha sentenza previa e salienta que viu vulnerados os seus dereitos fundamentais durante o Nadal de 2022.
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense (Fotos: Agostime / Europa Press).
Xustiza

Nova labazada xudicial: paralizado un parque eólico no Deza pola súa proximidade a núcleos de poboación

Polo menos tres núcleos de vivendas están situados a distancias inferiores aos 1.000 metros das instalacións do parque eólico Cunca, de Green Capital Power.
O ex alcalde popular de Ponteceso, José Luis Fondo. (Foto: Xunta da Galiza).
Xustiza

O TSXG confirma a inhabilitación por 8 anos e medio do ex alcalde de Ponteceso por prevaricación administrativa

Segundo recolle a resolución, a execución de determinadas obras adxudicouse "co coñecemento e consentimento do acusado, na súa condición de alcalde, a unha empresa, incumprindo a normativa de contratación".
Polígono eólico na Serra do Suído. (Foto: N. B.).
POLÍTICA

A Xustiza desautoriza á Xunta e paraliza seis novos parques eólicos

A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) acordou a suspensión cautelar doutros seis parques eólicos autorizados pola Xunta da Galiza. As últimas resolucións do alto tribunal galego elevan a 40 os proxectos eólicos paralizados temporalmente pola administración de xustiza tras recibir a licencia do Goberno galego.  

Cidade Deportiva Afoteza, en Mos. (Foto: RC Celta)
Xustiza

O TSXG avala a Cidade Deportiva do Celta en Mos

O alto tribunal desestima o recurso dos comuneiros de Tameiga e da veciñanza de Petelos e blinda o proxecto de forma case definitiva.
Mobilización na Coruña pedindo xustiza para Samuel Luiz (Foto: M Dylan).
SOCIAL

A Audiencia da Coruña prevé iniciar en setembro o xuízo polo crime de Samuel Luiz

Esta previsión coñeceuse no día en que se informou tamén da decisión do TSXG de excluír do material ao que poden ter acceso os membros do xurado popular os informes realizados por axentes policiais sobre o visionado de imaxes videográficas obtidas nas inmediacións do lugar da Coruña no que faleceu.
Unha consulta médica (Foto: Europa Press).
TRABALLO

O Sergas leva cinco anos pagando de menos ao persoal interno residente: este é o motivo

A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) recoñeceu que o persoal interno residente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) debe cobrar o mesmo salario base que persoal empregados e as empregadas públicos que traballan nos centros e institucións sanitarias que sexan do mesmo grupo profesional.
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense (Fotos: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

A paralización de parques eólicos nos tribunais provoca as primeiras suspensións das expropiacións previstas

A Consellaría de Economía e Industria vén de notificar a paralización do procedemento expropiatorio para a construción do parque denominado Meirama, no concello de Carral, Cerceda e Ordes.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
Xustiza

O TSXG xa paralizou este ano 40 parques eólicos polos "danos irreversíbeis" que poderían ocasionar ao medio ambiente

A Xustiza suspende cautelarmente outros seis novos proxectos, os denominados Monte do Cordal, Dos Cotos, Mesada, Legre, Treboada e Xeada.
Alberto Núñez Feixoo e Álvaro García Ortiz (Fotos: Eduardo Parra / Marta Fernández / Europa Press).
POLÍTICA

Feixoo contra García Ortiz: crónica dunha 'declaración de guerra' con orixe na Galiza

Entre 2004 e 2020, Álvaro García Ortiz foi o fiscal especialista en Medio Ambiente da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).
O Acibal (comarca de Caldas), en outubro, días antes de paralizar as obras. (Foto: Amil Sen Eólicos)
Xustiza

O TSXG acorda paralizar as obras de construción do parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos

O parque está en Amil, parroquia de Moraña, na comarca de Caldas.