Vigo

Marta Gómez e Ana Pontón presentando a nova imaxe visual de Galiza Nova esta segunda feira, en Vigo. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
POLÍTICA

Galiza Nova presenta a súa nova imaxe para "adaptarse aos novos tempos" e continuar cun "cambio imparábel"

Ana Pontón destaca Galiza Nova como unha "peza fundamental do nacionalismo" e pide a toda a militancia que "trate de sumar a máis mozos e mozas a este proxecto".
A senadora nacionalista Carme da Silva. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG urxe o Goberno a "actuar" e recuperar como espazo público a illa viguesa de Toralla

"A lexislación vixente estabelece que calquera persoa pode chegar até a ribeira do mar a pé mais, na realidade, aos visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte", censura a senadora Carme da Silva.
Marcha Toralla
SOCIAL

Un cento de persoas maniféstanse en Vigo para recuperar a illa de Toralla como espazo público

Un cento de persoas manifestáronse este sábado na ponte que une a praia do Vao coa illa viguesa de Toralla para reclamar a súa recuperación como espazo público e a apertura da senda peonil aprobada en 2008.

Colexio Maior Fonseca, no campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. (Foto: USC)
SOCIAL

Os problemas de aloxamento alén do piso de aluguer: só dous de cada cen universitarios teñen acceso a residencias públicas

As universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo reúnen nos seus campus universitarios, cada ano, máis de 70.000 estudantes aos que proporciona, en total, unhas 1.500 prazas públicas de aloxamento en colexios maiores e residencias universitarias. A oferta é moi inferior á demanda e á necesidade de vivenda, que vira cara ao sector privado e o mercado de aluguer.
Mobilización da CIG ante a Xunta, esta cuarta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG mobilízase ante a Xunta polo desenvolvemento dun plan industrial para fortalecer o sector da automoción

Persoal e representantes sindicais da CIG nos comités de empresa dunhas 25 compañías da automoción galega con sede en Vigo, Ourense e Pontevedra mobilizáronse diante da sede da Xunta da Galiza en Compostela para alertar das "graves ameazas que enfronta o sector".
Samuel Merino é creador multidisciplinar ligado á poesía escrita e escénica. (Foto: Distrito Xermar)
star
Contracultura

Samuel Merino: "En 'Man a man' dialogan, mais que nós ou os poemas, os nosos xeitos de facer poesía"

Samuel Merino, 'Pompa e Boato' (Mos, 1982), pon a súa voz, xunto con Silvia Penas, no espectáculo poético 'Man a man', presentado na Feira do libro de Vigo e no que ambos recollen as súas creacións tanto individuais como conxuntas. Este 'Man a man' estará mañá nos Versos na Barraca en Lugo e ademais Merino presentará o domingo o seu último poemario, Claustro Corda comensal (Galaxia), na Feira do libro de Ponteareas.

Espazos de encontro

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. (Foto: RFGF)
DEPORTES

O Concello de Vigo acusa Louzán de "antiviguismo" pola sede do Mundial

Esixen á Federación Española que "tome medidas".
Chegada das nenas e neos saharahuís ao aeroporto de Vigo
SOCIAL

Case 300 nenas e nenos do Sáhara Occidental chegan a Galiza para pasar unhas "vacacións en paz"

"Vigo é o primeiro concello do Estado en número de centros de acollida e a Galiza é a segunda comunidade só por detrás de Andalucía", declarou Maite Isla, presidenta de SOGAPS.
Colante do colectivo Vigo sen Bombeiros ante o edificio do Concello. (Foto: Nos Diario)
SOCIAL

Novo feche nun dos parques de bombeiros de Vigo por falta de persoal

CIG e CUT denuncian o feche do parque de bombeiros de Coruxo, que conta con apelas 12 dos 21 efectivos estabelecidos legalmente.  

Carlos Cunha e Alfonso Rueda, esta terza feira, na sinatura do manifesto. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Asinado o manifesto polo tren Vigo-Porto, un proxecto "vertebrador"

O Eixo Atlántico rexeita apoiar o pacto escenificado esta terza feira en Valença.
David Amoedo, á esquerda, xunto con outras persoas que integran o proxecto Beiramar da xente (Foto: Nós Diario).
star
Contracultura

David Amoedo: "Ao perdermos edificios de fábricas e polígonos, perdemos parte da esencia e do carácter de Vigo"

David Amoedo (Vigo, 1984) é un dos impulsores da iniciativa Beiramar da xente, en colaboración con integrantes de Amigas das Árbores, Anxo Vila (AV Curva de San Gregorio), Mariña López (Museo da Conserva) e Puri Pérez Leiros (Bouzas olladas salgadas). O seu obxectivo é conservar o patrimonio industrial do polígono Beiramar-Jacinto Benavente (Vigo).
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O Eixo Atlántico desmárcase do manifesto da Xunta sobre o tren Vigo-Porto: "É un sarao propagandístico"

A institución carga duramente contra o Goberno galego por intentar "posicionarse para reivindicar como propio un éxito e uns resultados xa garantidos e que son patrimonio de todos os colectivos, entre os que non se atopaba a Xunta, que os defenderon".
Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo, situado na rúa Pizarro. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O feche e a redución de horarios nos centros de saúde auguran un “verán crítico” en Vigo

O BNG demanda á Xunta da Galiza un plan de reforzos urxente para evitar un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados nos ambulatorios de Pintor Colmeiro, Navia e Lavadores durante o período estival.

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Morre un motorista de 49 anos de idade após chocar contra un coche en Vigo

A activista e fundadora de Nós Mesmas Elisabet Pérez. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Elisabet Pérez, Nós Mesmas: "As mulleres seguimos coa mochila cargada de machismo, homofobia, bifobia e transfobia"

Elisabet Pérez (Vigo, 1984) é educadora social e fundadora da asociación feminista Nós Mesmas, unha das entidades promotoras do Orgullo Crítico de Vigo que este sábado, 29 de xuño, chama a reivindicar dereitos que non só atinxen ao colectivo LGBT+ senón a toda a cidadanía, para alcanzar unha sociedade libre, diversa e respectuosa.
O deseñador Pepe Barro, esta quinta feira, 27 de xuño, no espazo Río Lagares de Vigo.
CULTURA

Os artistas galegos que deseñaron a modernidade gráfica

O deseñador Pepe Barro deu a coñecer esta quinta feira, 27 de xuño, no espazo Río Lagares de Vigo o que el denomina como "Xeración triunfante", un grupo de galegos pioneiros do deseño moderno, que seguen sendo descoñecidos malia os triunfos que alcanzaron en Madrid e 
en América. 
Manifestación das dependentas de Inditex esta quinta feira pasando pola praza de Lugo. Ademais de delegadas e delegados asitiu o secretario xeral da CIG, Paulo Carril (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

A folga das dependentas de Inditex fai visíbel as "rebaixas" dos seus dereitos

Traballadoras das tendas de Inditex secundaron esta quinta feira, coincidindo co inicio do período das rebaixas, unha xornada de folga para demandar á empresa que "retome" unha mesa de negociación provincial para abordar as súas condicións laborais e salariais. A CIG, central sindical con 70% de represntación no comité, afirma que a convocatoria tivo un seguimento "absoluto".
EuropaPress_5653091_fabrica_stellantis_vigo
ECONOMÍA

Stellantis Vigo volve parar parte da súa produción nas quendas de tarde e noite de hoxe

o Sistema 2 da planta, que monta as furgonetas das distintas marcas do consorcio, permanecerá sen actividade pola falta de pezas necesarias.
Eloy García e David Regades onte na presentación do informe en Vigo. Á dereita, gráficas coas porcentaxes 
de empresas, facturación 
e emprego (Foto: Consorcio da Zona Franca de Vigo).
star
ECONOMÍA

Galiza segue dominando a industria e a comercialización da pesca do Estado

Vigo acolleu onte a presentación do Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros en España 2024 (con datos de 2022), elaborado polo servizo de estudos Ardán e pola asociación  Conxemar. Nel constátase, un ano máis, o peso da Galiza e da área de Vigo neste sector.