internacional

INTERNACIONAL

Condenada a un ano de prisión por ''enaltecemento'' após pedir no Twitter a volta dos Grapo

A sentenza contra Alba González, ditada pola Audiencia Nacional española sinala que a moza, de 21 anos, enviou polo menos 20 chíos "de contido radical e violento".

INTERNACIONAL

O Borbón fixa para Sofía e Letizia un soldo que é 6 e 5 veces o salario medio español

A raíña Sofía cobrará 63.234 euros fixos e 68.500 en 'gastos de representación'. A princesa Letizia percibirá 49.182 euros e 53.282 respectivamente. Cantidades moi por riba da media dos e das traballadoras do estado español.

 

felipe
INTERNACIONAL

Felipe González usa as 300.000 mortes dos Balcáns para que Catalunya recúe na súa ansia soberanista

Foi nun cara a cara entre o ex presidente español e o presidente da Generalitat, Artur Mas, organizado por un programa de televisión e onde González pronunciou os mesmos argumentos e as mesmas ameazas que tería empregado Mariano Rajoy para dar, tamén, a mesma resposta: "non".

Pablo Iglesias Turrión
INTERNACIONAL

Iglesias descúlpase por falar de ''xentiña de clase máis baixa que a nosa'' e di que foi ''arrogante''

A difusión da súa comparecencia canda Nega, de Los Chikos del Maíz, durante a presentación dun libro obrigou o líder de Podemos a se retractar das súas palabras. Faino nun artigo pendurado no seu blogue persoal en que carga contra @s xornalistas que publicaron o vídeo en que fai estas declaracións porque "non xogaron limpo".

dede
INTERNACIONAL

Dedé, a única das irmás Mirabal que non foi asasinada por Trujillo, morreu aos 88 anos

Foi ela, Bélxica Adela Mirabal Reyes, a encarregada de recibir os cadáveres das tres mulleres e de desmantelar as pretensións da ditadura, quen quixo facer pasar os asasinatos por un accidente informando á imprensa de que "tres irmás morren ao se precipitar o seu Jeep ao abismo". Dedé difundiu a memoria das Bolboretas.

celac
INTERNACIONAL

A Declaración da Habana pon o ramo ao II cumio da Celac cunha aposta pola unidade rexional

A declaración, avalada polos 33 membros da Comunidade de estados latinoamericanos e caribeños (Celac), confirmou a este grupo rexional como espazo de diálogo e concertación política. O documento avoga por avanzar na integración, fortalecer a Celac como actor político internacional e defender a soberanía como chave para un medre económico sostíbel e coa inclusión social como protagonista.


 

cornualles
INTERNACIONAL

Cornualles retoma as mobilizacións para demandar autogoberno

O partido nacionalista córnico Mebyon Kernow iniciou unha campaña para reivindicar a Londres a creación dunha asemblea autónoma como as que posúen Gales e Escocia.

palestina
INTERNACIONAL

Cadea perpetua en Israel a 5 crianzas palestinas por guindar pedras

As familias de Ali Shamlawi, Mohamad Kleib, Mohamad Suleiman, Ammar Souf e Tamer Souf piden a intervención da xustiza internacional para evitar que o tribunal israelí aplique a condena.

prision
INTERNACIONAL

Morte por fuzilamento pode voltar a ser introduzida nos EUA por ser mais barata

Em pelo menos dois estados dos Estados Unidos (Wyoming e Missouri) está a ser considerada a reintrodução da 'morte por fuzilamento' como método para executar cidadãos condenados à pena de morte. A motivação principal para voltar a usar este método é de ordem económica.

india
INTERNACIONAL

Unha muller, condenada a ser violada por 13 homes nunha aldea da India

Trátase dunha moza de 20 anos que mantivo durante os últimos 5 unha relación sentimental cun home doutra comunidade, relación prohibida polo código local da aldea. Ao non poder pagar a multa de 300 euros que lle foi imposta, o consello de anciáns ordenou unha violación colectiva.

cymru
INTERNACIONAL

Desobediencia civil en Gales para obrigar o goberno a se implicar co idioma propio do país

A principal organización en defensa do galés, Cymdeithas, anuncia 'accións directas' para 'presionar' o executivo rexional a que desenvolva políticas activas a prol da lingua de Cymru.

banco alimentar
INTERNACIONAL

Reino Unido tem 13 milhões de pessoas na pobreza

Em 2011-2012, 128.697 pessoas recorreram a bancos de alimentos. Em 2012-2013, a cifra quase triplicou: 346.992. Já há mais de 400 bancos alimentares no país. Este é o resultado das políticas de austeridade aplicadas pelo governo de coligação de conservadores e liberais demócratas desde 2010.

sardegna-possibile-murgia
INTERNACIONAL

Sardeña afronta as eleccións cunha plataforma independentista como gran protagonista

As enquisas apuntan a 'Sardegna Possibile' como a forza que vai ser protagonista nos comicios que o 16 de febreiro realiza esta illa mediterránea baixo soberanía italiana. “Estamos nun momento histórico único”, recoñece Michela Murgia, candidata da coalición que pode derrotar o goberno de centro-dereita italiano na illa.

 

INTERNACIONAL

Restaurante do Aveiro cobrou de máis a militantes do partido CDS ''por apoiar este governo que nos rouba''

Quando os seguidores da formaçao de Paulo Portas reclamaram, ouviram do propietario do estabelecemnto: “Vocês são desse governo que nos rouba, então, para me defender eu também os roubo a vocês”.

sharon
INTERNACIONAL

Palestina reparte doces para celebrar a morte de Ariel Sharon

Após oito anos en coma, o ex primeiro ministro israelí finou sen responder da invasión ao Líbano que perpetrou en 1982 malia que unha investigación oficial o declarou culpábel de non evitar os masacres acontecidos nos campos de refuxiad@s de Sabra e Chatila.

Polizei_Hamburg
INTERNACIONAL

‘’En Hamburgo suspendeuse o estado de dereito até novo aviso’’

O ‘Danger zone’ aplicado en tres barrios da cidade alemá tomados por centos de anti-disturbios para frear os protestos ‘’supón que os cidadáns non teñen presunción de inocencia”. Letrados, traballadores sociais e no eido dos dereitos sociais consideran que Alemaña "está a suspender dereitos constitucionais fundamentais".

escocia
INTERNACIONAL

Un sector do Partido Laborista escocés enceta a campaña polo 'si' á independencia

A finais de xaneiro arrincarán os actos nas principais cidades do país onde membros do Labour se apoiarán no movemento obreiro para defender a independencia como "unha oportunidade para mellorar a vida de todos os escoceses"

venezuela
INTERNACIONAL

Venezuela subirá un 10% o salario mínimo e as pensións

O presidente bolivariano, Nicolás Maduro, anunciou esta medida para que a clase traballadora poida combater "a inflación inducida e criminal" derivada da "guerra económica" das grandes empresas.

INTERNACIONAL

Hamburgo, en 'estado de excepción' para frear os protestos nos barrios do centro

O goberno decretou o centro da cidade como ‘zona de perigo’, limitando dereitos fundamentais á vez que centos de anti-disturbios toman tres barrios para acalar a revolta urbana que estoupou nos últimos días de 2013 co peche dun centro social como detonante.

INTERNACIONAL

A infanta Cristina, imputada por delito fiscal e branqueamento

A filla do Borbón está chamada a declarar o vindeiro 8 de marzo para render contas perante o xuíz José Castro polo lavado de capitais procedentes dos negocios fraudulentos da súa parella, Iñaki Urdangarín, no marco do 'caso Nóos'.