PP

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, esta segunda feira. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Ana Miranda recolleu a súa acta como eurodeputada “en defensa da Galiza e das causas xustas da humanidade”

Millán Mon e González Casares comprométense a “defender os intereses das galegas e dos galegos”

A rapazada tamén demostrou o seu compromiso na loita contra a macrocelulosa. (Foto: Greenpeace Galiza).
SOCIAL

A Galiza clama contra Altri nunha multitudinaria mobilización en Santiago de Compostela

Marta Gontá pediulle a Rueda “que non sexa cómplice da implantación pola forza dunha industria contaminante” e Xaquín Rubido criticou “o modelo colonial de espolios que impulsa a Xunta”.

A portavoz do PSOE, Esther Peña. (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O PSOE acusa: "Os delitos de odio contra o colectivo LGTBI están a aumentar a causa da ultradereita branqueada polo PP"

"Pasamos das peras e mazás de Ana Botella, ás copas e condóns de Almeida", dixo a portavoz socialista, Esther Peña.

Dúbidas no PP

Isabel Díaz Ayuso e Joseé María Aznar durante un encontro na Universidade Francisco de Vitoria en febreiro. (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
star
Análise

Acabemos co monstro de tres cabezas!

Manuel Monge, sociólogo e vítima do franquismo.
Lourenzá
POLÍTICA

O PP aproba unha lei que permitiría usos mineiros e eólicos en zonas hoxe prohibidas

Se a segunda feira o Consello da Xunta aprobou unha proposta lexislativa para reducir os criterios de protección ambiental nos proxectos empresariais, esta terza foi o Parlamento da Galiza, cos votos a favor do PP, quen admitía unha proposición de lei que abre espazos até agora prohibidos a enerxéticas e a mineiras.

Félix Bolaños (PSOE), a terza feira. (Foto: Comisión Europea)
INTERNACIONAL

O PSOE cede e acepta as condicións do PP para renovar o Poder Xudicial tras máis de cinco anos co mandato caducado

Cada formación selecciona 10 das 20 novas vogais.
Os imputados Jorge Pío (segundo pola dereita) e Javier Reguera (primeiro pola dereita), esta segunda feira, na Audiencia de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Xustiza

Fin da 'Operación Pokémon': penas de prisión inferiores a tres anos para os once acusados, que se declaran culpábeis

Todos os imputados admitiron, un a un, a súa participación nuns feitos relacionados coa adxudicación de maneira fraudulenta do servizo do guindastre municipal de Lugo á empresa Cechalva cando o principal imputado na peza, o ex concelleiro de Lugo Francisco Fernández Liñares estaba á fronte da área de Urbanismo.
Corgos
star
POLÍTICA

O modelo actual de financiamento compromete a prestación dos servizos públicos

O sistema de financiamento está a centrar o debate político. Nesta ocasión, chega da man do proceso de investidura aberto en Catalunya e cando o modelo vixente leva dez anos prorrogado. Os termos da discusión e os argumentos empregados evidencian súa natureza política.

Peaxe AP-9 (Arxina).
Parlamento

O PP rexeita investigar a prórroga da concesión da AP-9 outorgada por Aznar no ano 2000

Os populares defenden a legalidade e a "coherencia" da concesión.
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense nos corredores da Deputación (Foto: Deputación de Ourense).
POLÍTICA

Luís Menor, proclamado único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense

Sánchez, Montero e Díaz, en primeira fila esta quinta feira no Congreso (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

A reforma do subsidio de desemprego apróbase sen ningún voto en contra

O decreto aprobado, entre outras medidas, contempla un aumento por tramos da contía do subsidio   O BNG celebrou os cambios mais pediu a derogación da reforma laboral.
Hemiciclo do Congreso cos resultados do CIS de xuño superpostos. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press / ContactoPhoto)
POLÍTICA

CIS de xuño: o PSOE perde forza mais fica á cabeza e o BNG experimenta unha importante suba

O PP sitúase un punto por baixo do PSOE segundo unha enquisa na que o BNG gañaría tres décimas en só un mes.
O concelleiro do BNG en Barbadás, Serafín López, saúda a concelleira e portavoz do PSOE no concello de Ourense, Natalia González, a concelleira do PP en Ourense, Sonia Ogando, e a concelleira do PP en Ourense, Noelia Pérez. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
POLÍTICA

Nova fase nas negociacións para unha moción de censura en Ourense, con outra reunión convocada hoxe

No último encontro o BNG abriuse a apoiar a moción contra Xácome se o candidato ou candidata á Alcaldía era socialista.

Por unha AP-9 galega e libre de peaxes

O rei e xefe do Estado español Felipe de Borbón roza o suspenso na última enquisa (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
POLÍTICA

10ª aniversario de Felipe VI: Rueda enxalza a "estabilidade" e Pontón vese "máis republicana que nunca"

Frigodeza
TRABALLO

Condenan o alcalde de Dozón (PP) pola morte dun operario na empresa da que era conselleiro delegado

Ao entón conselleiro delegado e actual rexedor de Dozón, o xulgado condénao por un delito contra os dereitos dos traballadores por imprudencia grave ás penas de cinco meses e 15 días de prisión e por un delito de homicidio por imprudencia grave a un ano e sete meses.

José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
POLÍTICA

O PSdeG expedientará os concelleiros do Carballiño: "Nós non gobernamos co PP"

"O PP é un partido absolutamente respectábel, pero nós non gobernamos con eles, somo a alternativa ao PP", advirte Besteiro.
web
POLÍTICA

O PP rexeita un modelo de financiamento bilateral mentres Contas apunta que o país perde 1.535 millóns ao ano

Un mes despois de que o Consello de Contas aprobase un informe onde sinalaba que a Galiza perdeu co actual sistema de financiamento 1.535 millóns de euros ao ano desde 2009, o Parlamento debaterá sobre a súa reforma a proposta do BNG.

casa do concello do carballiño
POLÍTICA

PSOE e PP selan un pacto para gobernar O Carballiño en coalición, que inclúe ceder a Alcaldía aos populares un ano

O actual portavoz popular no Carballiño, José Castro, será o tenente de alcalde até que chegue a quenda de ter a Alcaldía.