entrevista

Unha lesión de xeonllo obrigouna a colgar as botas tres anos despois de alcanzar a gloria nos Xogos. (Foto: Nós Diario).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Begoña Fernández: "O que conta dos Xogos é abrir esa porta para as máis novas"

O nome de Begoña Fernández (Vigo, 1980) era sinónimo de liderado cando saltaba á pista de balonmán, pero tamén o é a día de hoxe no seu traballo de auxiliar de enfermería, no que emprega os valores e coñecementos que adquiriu ao longo dunha traxectoria deportiva que tocou teito coa medalla de bronce en Londres '12.
A escritora Paula Carballeira afonda no seu relato que se poderá ler a vindeira semana no 'Máis'. (Foto: Arxina)
star
O relato de verán

Paula Carballeira: "No meu relato quería chamar a atención sobre o uso que damos ao galego e a pervivencia da cultura"

O caderno de verán 'Máis', que acompaña 'Nós Diario', achega desde a terza feira 16 de xullo ao sábado 20 o relato inédito A derradeira falante de galego que Paula Carballeira escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, a escritora relata unha distopía lingüística enmarcada polo uso da intelixencia artificial (IA) e a importancia dos relatos orais.
O escritor Alberte Branco (Foto: Xan Carballa).
star
Entrevistas

Alberte Blanco Casal: "Vivimos a decadencia dun Occidente que leva cincocentos anos dominando o planeta"

'A soidade do inquisidor' (Xerais, 2024) é a terceira novela de Alberte Blanco Casal (Cobres, Vilaboa, 1951). Como en anteriores obras, mantén a tensión entre a historia e a ficción, dúas dimensións que lle serven de vehículo a preocupacións que aborda tamén en ensaios como o aínda recente Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (Xerais, 2021), e dos que fala nesta conversa fronte ao mar de Bueu.
Hugo Guezeta, no centro, nun fotograma do videoclip de 'Feridas'. (Foto: Juancho Everman)
star
CONTRACULTURA

Hugo Guezeta, rapeiro: "Quería manter a carga combativa dos meus temas, pero cun punto de vista máis alegre"

Hugo Guezeta (Ponteareas, 1991) prepara a saída do seu próximo disco coa publicación de sinxelos como "O noso tempo" ou "Feridas". Neste caso o traballo conta coas súas letras e composicións e as bases instrumentais e a produción musical corren por conta de Peter Petrowski. As primeiras datas de presentación do traballo están marcadas para o mes de decembro deste ano.
A gañadora do primeiro metal para a Galiza, coa 'Historia inacabada do deporte galego' de Nós Diario. (Foto: Arxina).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Sofía Toro: "O deporte sitúate no teu lugar, ninguén gaña sempre"

O nome da coruñesa Sofía Toro (1990) forma parte do acervo deportivo común dos e das galegas por ser a primeira muller -honra que compartiu coa ourensá Támara Echegoyen- en gañar unha medalla olímpica, un ouro en vela nos Xogos disputados en Londres no ano 2012.
Á esquerda, o moañés Rodrigo Conde; á dereita, o seu compañeiro no dobre scull, o catalán Aleix García. (Foto: Aina Prats)
Entrevista | París 2024

Rodrigo Conde, o remeiro que renunciou a uns Xogos para volver máis forte: "Non vía o dano que me facía até que pensei en deixalo"

O remeiro Rodrigo Conde (Moaña, 1997) renunciou aos Xogos Olímpicos de Toquio polas dificultades, físicas e psicolóxicas, para manter o peso requirido para competir no dobre scull lixeiro. Agora terá unha nova oportunidade en París, onde chega co aval dunha prata no Europeo deste ano en Szeged (Hungría) e un bronce na Copa do Mundo de Lucerna (Suíza), agora loitando na categoría absoluta da man do catalán Aleix García.
Tamara Andrés realiza unha tese na UVigo sobre tradución e poesía galega de autoría feminina. (Foto: Paula Andrés)
star
Contracultura

Tamara Andrés: "Neste poemario é evidente unha das obsesións que tiña: a sonoridade do aire"

Tamara Andrés (Combarro, Poio, 1992) é a autora do recentemente publicado Para non concretarme (Edicións Positivas), unha obra creada en movemento para convidar a quen le a xogar, a indagar no poema e na linguaxe e a admirar a beleza pasaxeira.

Samuel Merino é creador multidisciplinar ligado á poesía escrita e escénica. (Foto: Distrito Xermar)
star
Contracultura

Samuel Merino: "En 'Man a man' dialogan, mais que nós ou os poemas, os nosos xeitos de facer poesía"

Samuel Merino, 'Pompa e Boato' (Mos, 1982), pon a súa voz, xunto con Silvia Penas, no espectáculo poético 'Man a man', presentado na Feira do libro de Vigo e no que ambos recollen as súas creacións tanto individuais como conxuntas. Este 'Man a man' estará mañá nos Versos na Barraca en Lugo e ademais Merino presentará o domingo o seu último poemario, Claustro Corda comensal (Galaxia), na Feira do libro de Ponteareas.

Marta Bobo, co seu exemplar da 'Historia inacabada do deporte galego' de Nós Diario. (Foto: Vitoria Durán).
ENTREVISTA | PARÍS 2024

Marta Bobo: "O minuto e medio da cinta nos Xogos foi o máis longo da miña vida"

Marta Bobo (Ourense, 1966) é historia viva do deporte galego. Ximnasta rítmica, con apenas 18 anos converteuse en 1984 na primeira muller galega en participar nuns Xogos Olímpicos, onde as malas artes da organización estadounidense impedíronlle volver cunha medalla colgada do pescozo.
Andrea Quintana, Gena Baamonde e Davide González nun dos ensaios no Festival Escora. (Foto: Carlota Mosquera)
Mostra de Teatro de Cangas

VACAburra: "Interésanos explorar como vivir os espazos e convertelos nunha experiencia danzada e sonora"

Gena Baamonde dirixe xunto con Andrea Quintana 'Ruar', a nova proposta da compañía VACAburra para a rúa e espazos non convencionais. Nela, Andrea e Davide González redescobren o espazo público e déixanse sorprender polo que acontece neste.

Néstor Rego, o domingo, na clausura do XVI Congreso da UPG. (Foto: Arxina)
Entrevista

Néstor Rego (UPG): "O movemento nacionalista está hoxe no seu mellor momento político"

O XVI congreso da Unión do Povo Galego (UPG) decorrido este domingo en Compostela reelixiu Néstor Rego como secretario xeral. Rego explica a 'Nós Diario' as principais conclusións do proceso congresual así como as liñas de actuación inmediatas do partido nun momento chave para o nacionalismo.

Tareixa Navaza, fronte á tumba de Castelao. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Tareixa Navaza: "Non podemos falar de democracia plena nin glorificar a Transición cando nin sequera temos medios públicos libres"

Non hai temporal que quebre o compromiso de Tareixa Navaza (Compostela, 1947). Non o lograron as represalias padecidas pola súa postura no traslado dos restos de Castelao ou na reconversión do naval, nin tampouco o cancro de colon contra o que levaba meses loitando. Pregúntolle como se atopa e mergúllase nunha defensa apaixonada da sanidade pública. Para ela, o colectivo está sempre por riba do individual. É, sen dúbida, a gran pioneira do xornalismo galego, pero non polos anos de experiencia, senón polo exemplo.
Süne é o novo nome artístico de Josune Arakistain. (Foto: Nós Diario)
star
CONTRACULTURA

Süne, ex cantante de Huntza: "Son unha rapaza de aldea que toca a trikitixa, mais coa música electrónica moi presente"

Josune (Itziar, Euskal Herria, 1996), cantante de Huntza até a súa disolución, preséntase agora como Süne, un proxecto en solitario co que estará mañá no festival Asalto ao Castelo de Vimianzo presentando o primeiro sinxelo do seu próximo disco, Lau korapilo. Este concerto será o único que dea a artista durante este ano fóra de Euskal Herria.
A de Boiro é o actual bronce absoluto na súa categoría de peso. (Foto: Nós Diario)
Entrevista | París 2024

Natalia Vázquez, seleccionadora galega de parataekwondo: "É unha mágoa que non se coñeza máis este deporte"

A taekwondoin Natalia Vázquez (Boiro, 1995) compatibiliza as competicións absolutas coa dirección do parataekwondo nacional, modalidade practicada por persoas con diversidade funcional que considera "unha gran maneira de involucralas na competición nunha contorna segura".
O conselleiro delegado de RDG, Emilio Bruquetas, na redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Arxina)
Entrevista

Emilio Bruquetas (RDG): "Para que siga habendo vida no mar temos que instalar eólica 'offshore' e desprazar os combustíbeis fósiles"

Emilio Bruquetas (Compostela, 1974) foi o elixido para liderar como conselleiro delegado Recursos da Galiza (RDG), a sociedade público-privada impulsada pola Xunta da que a Administración posúe 30% dunha propiedade cuxo 70% se reparte entre unha trintena de empresas como Abanca, Ence ou Finsa. RDG nace cun capital social inicial de 15 millóns de euros e o obxectivo de participar de diferentes proxectos enerxéticos e mineiros para garantir que os beneficios "repercutan no territorio galego".
Berta Ojea (Foto: Cris Andina).
star
Contracultura

Berta Ojea: "En Europa, María Casares está considerada como unha das grandes actrices do século XX"

Berta Ojea (A Coruña, 1964) lembra a memoria de María Casares, utilizando a biografía realizada por Anne Plantagenet como pano de fondo, na Mostra de Teatro de Cangas. Esta biografía, 'A única. María Casares', foi traducida ao galego no ano 2022 e publicada por Kalandraka.
David Amoedo, á esquerda, xunto con outras persoas que integran o proxecto Beiramar da xente (Foto: Nós Diario).
star
Contracultura

David Amoedo: "Ao perdermos edificios de fábricas e polígonos, perdemos parte da esencia e do carácter de Vigo"

David Amoedo (Vigo, 1984) é un dos impulsores da iniciativa Beiramar da xente, en colaboración con integrantes de Amigas das Árbores, Anxo Vila (AV Curva de San Gregorio), Mariña López (Museo da Conserva) e Puri Pérez Leiros (Bouzas olladas salgadas). O seu obxectivo é conservar o patrimonio industrial do polígono Beiramar-Jacinto Benavente (Vigo).
O doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela Rafael García. (Foto: Nós Diario)
star
CONTRACULTURA

Rafael García: "Nas mobilizacións de outubro de 1934 en Compostela recorreuse ao estado de guerra"

Rafael García é o autor de Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión, a obra galardoada co XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, convocado pola Fundación Vicente Risco.
O profesor Bichara Khader na súa visita a Compostela. (Foto: Arxina).
Entrevista

Bichara Khader: "A principal fortaleza de Palestina é que a súa causa é legal, moral e humana"

Bichara Khader, (Zababdeh, Palestina, 1944) é profesor emérito da Universidade de Lovaina (Bélxica), un dos maiores especialistas do mundo árabe contemporáneo e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). Vén de presentar na Galiza 'Palestina: A traxedia permanente (1948-2024). Unha chamada para espertar Europa'.

Felipe Senén López (Foto: Laura Barcala).
Entrevista

Felipe Senén: "Reivindico o ser humano como célula fundamental da creatividade, que era a mensaxe da Xeración Nós"

O investigador e colaborador de ‘Nós Diario’ recibiu este domingo o Premio Freire Carril 2024, que lle foi entregado pola súa extensa traxectoria como arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico da Coruña pola Asociación Agromadas, da parroquia ourensá de Seixalbo, que distingue cada ano ás entidades ou persoas que na Galiza desenvolven labores a favor da comunidade social e que abarca os aspectos referidos á participación na vida comunitaria, a profundar na democracia e na vida cultural galega.